21 de dec. de 2021

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Boas !!!

Xa estamos de vacacións. Desexo que tod@s o pasedes moi ben e desfrutedes destes días coa familia. Quero felicitarvos o Nadal cun vídeo no que, ademais, nos ensinan cousiñas que podemos facer para coidar o medio ambiente. Aquí o tedes:

Como despedida, déixovos esta panxoliña que tanto nos gusta e que nos trae tan bos recordos. 

A cantar e bailar tod@s !!!





20 de dec. de 2021

LECTURAS PARA O NADAL

 Boasss !!!

Xa na recta final !!! Mañá chegan as vacacións de Nadal e, coma sempre, teño algunhas recomendacións de lectura. Espero que desfrutedes destes días coa vosa familia e recordade que sempre hai un momentiño para a lectura, para xogar, escoitar música, ver unha película... Picade na imaxe para ver estas subxestións.

Un bico moi grade para tod@s e FELICES FESTAS E MOI, MOI, MOOOOOOOOIIIIII FELIZ ANINOVO !!!!!

CON MAGÍN BLANCO

Xa de volta do noso encontro con Magín. Que ben o pasamos!! Aínda que non puidemos bailar de pé como nos gustaría, bailamos nas cadeiras canto puidemos. E que ben cantastes!! 

Aquí tedes a canción que cantou para as avoas e os avós.







17 de dec. de 2021

SEGUINDO CO NOSO MAR

Hoxe tráigovos unha nova historia sobre o mar e os seres fantásticos que o habitan.

Era unha vez a orixe das sereas, de Beatrice Blue. Editorial Triqueta Verde.

Trata ddun neno chamado Teo ao que lle encantaba coleccionar peixes. Un día, nunha lagoa máxica, atopou unha criatura diminuta dentro dunha fermosa burbulla. Levouna para a casa, pero no seu acuario empeceu a languidecer. Pero Teo, atopou unha maneira para que a súa nova amiga se pusexe ben. Que credes que puido ser? 

BOA LECTURA !!!



16 de dec. de 2021

CHEGA O NADAL!!!

Como estades???

Seguro que esperando xa as vacacións de Nadal.. Eu vou quedar aquí moi soa, pero ... estarei preparando xa cousiñas para o seguinte trimestre.

Que bonito quedou o poboado de Nadal. Que marabilla de casas!!!


E mañá ... Temos un concerto de Magín Blanco, co espectáculo "O que levamos nas maletas". Que nerviosa estou !!! Encántame Magín !!! Recordades algunha destas cancións? Témolas cantado no cole.




Mañá ofreceranos un conto musicado, que despertará a nosa creatividade e a curiosidade pola lingua e os contos.

A DESFRUTAR !!!




14 de dec. de 2021

AS MOCHILAS VIAXEIRAS


Olaaaa  111

Onde foron as mochilas esta semana?

Á casa de... 


10 de dec. de 2021

MINIRRELATOS DE MEDO

 Olaaaa ...

Con atraso, pero aquí van @s premiad@s no Concurso de MInirrelatos de medo.


Aquí están @s nos@s compañeir@s premiad@s.

En 5º de E. Infanti, Xana


En 4º de E. Infantil, Manuela.


En 1º de E. Primaria, Antón.


En 3º de E. Primaria, Emma


En 5º de E Infantil, Jimena


En 5º de E. Primaria, Celia


En 2º de E. Primaria, Álex


En 4º de E. Primaria, Noa


En 6º de E Primaria, Yoel







9 de dec. de 2021

LENDO TEATRO

Como estades, rapazada?
Hoxe tráigovos un libro da editorial Galaxia que fala do marCarabela É unha obriña de teatro de Paula Carballeira

Conta a historia de Carabela. Quen é Carabela? Diredes que ten nome dos barcos que chegaron a América, aló polo ano 1942. Pois Carabela é unha nena , que é cociñeira nun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico, onde está soa e rodeada de peixes mutantes, de paxaros que se queixan por comer substancias nocivas... E que fai Carabela ao ver isto? Pois non se lle ocorre outra cousa que construír unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. 
O que quere Carabela é mandarnos unha mensaxe sobre a importancia de que coidemos o medio ambiente e recordarnos que só temos un planeta e de nós depende a "súa saúde".
DESFRUTADE !!!


DECEMBRO

 Boasss...

Esqueceume poñer a carta coas actividades de Decembro !!! Tedes que disculparme. De todas maneiras, xa vin que xa traballastes moito esta fin de semana loooooongaaaaa que tivemos !!! Aquí a tedes:



OUTRA MÁIS...

 Como vades???

Unha semana máis as mochilas nas casas d@s nos@s compañeir@s...

Ata a próxima !!!



DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

 Como estades?

Eu, aquí estou, disfrutando desta ponte tan longa no mes de decembro e pensando xa nas vacacións de Nadal, coma vós. E neste mes non chegan os días para tanto que quereríamos facer. Despois do Día internacional da Diversidade funcional, chega o Día dos Dereitos humanos, o 10 de decembro (xa sabedes que, tamém, o pasado 20 de novembro foi o Día dos dereitos da Nena e do Neno). Este mesmo día, pero no ano 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos (DUDH), que é un documento histórico que proclama os dereitos que corresponden a toda persoa como ser humano, independentemente da súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinión política ou doutra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. 

Pois, por isto tedes na Biblioflora unha exposición de libros para traballar sobre este tema.

Ademais, déixovos estes vídeos para que entendades mellor para que serven os dereitos humanos e por que é importante que se respecten. Onde empezan os dereitos humanos? Como dicía Eleanor  Roosevelt, empezan "en pequenos lugares, preto da casa; en lugares tan próximos e tan pequenos que non aparecen en ningún mapa. (...) Se estes dereitos non significan nada nestes lugares, tampouco significan nada en ningunha outra parte." Por iso é tan importante a súa defensa no noso entorno, para poder avanzar en todo o mundo.









3 de dec. de 2021

TOD@S IGUAIS

 Boaaassss...

Como estades?

Supoño que xa sabedes que día é hoxe: o Día Internacional da Diversidade Funcional. Xa falei na entrada anterior do mesmo e dos libros que tedes na biblioteca. Pois agora, déixovos unhas curtas nas que poderededs ver como hai persoas que se desenvolven de diferentes maneiras.

Conociendo el mundo con otro sentido: conta a historia dunha nena con discapacidade visual, pero que demostra que isto non lle afecta na súa vida diaria.


Cuerdas: curta gañadora dos Premios Goya de 2014. María faise amiga do seu novo compañeiro de clase, que non pode moverse nin falar, porque ten parálese cerebral.


El cazo de Lorenzo: vese o día a día dun neno diferente, coas súas dificultades, a súas cualidades, e os obstáculos aos que ten que facer fronte.


El viaje de María: é unha viaxe a o mundo anterior dunha adolescente con autismo.


Por cuatro esquinitas de nada: para facernos reflexionar sobre os cambios que debemos facer na sociedade para poder incluír a todas as persoas.


Campaña da Junta de Andalucía



Pip: conta a historia dun can que, a peares das súas dificultades, conseguirá ser can-guía


Ian: un neno que non renuncia a xogar no parque co@s demais e, coa axuda de tod@s, consígueo.


Lo incorrecto: para que nos poñamos na pel das persoas con discapacidade.













1 de dec. de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

 Olaaaa !!!!

O próximo venres, día 3 de decembro, é o Día Internacional da diversidade funcional. En 2006 aprobouse a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, despois de moitos anos de traballo das Nación Unidas na área das discapacidades. Na actualidade, a través da Axenda 2030 polo Desenvolvemento Sostible, avanzouse aínda máis nos dereitos e no benestar das persoas. Esta Axenda ten o compromiso de "non deixar a ninguén atrás" e considera a discapacidade debe terse en conta para poder conseguir os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Para afondar neste tema, déixovos na biblio libros para ler e aprender. Disfrutade !!!


Iremos publicando máis cousiñas.




MÁIS PARA LER SOBRE O MAR

Para seguir aprendendo cousiñas sobre o mar, hoxe preséntovos dous libros que podedes atopar na Biblioflora.


Neste libro, aparecen peixes, de cores, diminutos cabaliños de mar, polbos arteiros... Todos viven no arrecife de coral. Mergúllate no mar e explora todos os recunchos e atopa onde se agocha cada animal.


Explora 15 ecosistemas acuáticos diferentes e descubre a incrible fauna que os habita. Dende os viveiros de algas ata o mar aberto, pasando polas  fumarolas submarinas ou os arrecifes de coral tropicais, ata os manglares e os estuarios costeiros. Nas primeiras páxinas, contén unha serie de breves e interesantes explicacións dos termos imprescindibles para poder entender o que sucede no fondo mariño, nos lagos e nos arrecifes.
DISFRUTADE

30 de nov. de 2021

SIGUEN VIAXANDO...

 Como vades?

As Mochilas viaxeiras foron esta semana ás casas dest@s compañeir@s...



CARTEL 25 N

 Boasss !!!

Aquí tedes o cartel que fixestes coas protagonistas dos contos que listes para traballar sobre o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Quedou xenial!!!


Cada clase traballou co seu libro:













25 de nov. de 2021

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


 Boas, amig@s !!!

Hoxe é o 25 N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Este día é necesario reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das formas de violencia máis extendida no mundo.

Na entrada do cole tedes libros para traballar todos estes temas. Aínda que xa sei que estivestes traballando con algúns, para facer un cartel colaborativo.

Ademais, déixovos uns vídeos cos que podedes traballar na clase, para poñer en común as vosasa ideas.



Tedes que recordar sempre que a palabra máis importante para poñer fin á violencia é RESPECTO. Recordala sempre. Xunt@s temos que ser capaces de eliminar esa violencia.


Déixovos, tamén, un vídeo de Adhara & Ritman, coa canción "Por elas". 


25 N, HOXE E TODOS OS DÍAS DO ANO.








OUTRA MOCHILA

         OLAAAA ...........

Como lles gusta ás mochilas ir ás vosas casas !!! Supoño que disfrutaredes en familia con elas. Aquí vos deixo @s compañeira@s c@s que estiveron nesta viaxe.



24 de nov. de 2021

CREANDO

 Olaaaaa !!!

Que tal estades?

Hoxe, @s nen@s de 2º de Primaria estiveron disfrutando da maleta que chegou fai uns días ao cole e que xa ten que viaxar o venres para outro cole. Estivemos lendo e creando cos xogos que viñan nela.

Aquí @s tedes...




Xa estamos esperando as seguintes maletas. Que nos traerán?

16 de nov. de 2021

QUE MEDO!!!!

 Ola, como vades???

Xa rematastes os traballos sobre os monstros galegos. 

E quedaron xenial !!! Dan verdadeiro medo !!! E aprendín un montón. Espero que vós tamén. Aquí vos deixo o resultado do voso traballo, para que poidades velos con máis calma e ensinarllelos tamén ás vosas familias.

O Nubeiro, de 4º de E. Primaria


O Gatipedro, de 6ª de E. Infantil


A Coca, de 5º de E. Primaria


A Lamia, de 1º de E. Primaria


O Urco de 3º de E. Primaria


O Lobishome, de 2º de E. Primaria


A Xacia e o Xacio, de 5º de E. Infantil


O Trasno, de 4ª de E Infantil


A Maruxaina, de 6º de E. Primaria


Como xa sabedes, na Biblioflora tedes libros sobre algún destes monstros e moitos máis.









O

15 de nov. de 2021

OFICIOS DO MAR

 Boaaassss !!!

Tráigovos aquí un libro que vos vai ensinar un oficio do mar que non é moi coñecido, A crebeira Marabillas.



Di a RAG que crebeiro ou crebeira é a persoa "que busca e aproveita restos de naufraxios ou cargas de embarcacións que o mar arrastra ata a costa". A tradición de recoller as crebas existe na Galiza dende sempre; pero, hoxe en día, só se atopan moreas de plásticos e residuos que contaminan a costa.. Así que... agora a tradición crebeira ten outro obxectivo: facer arte. Como este peixe (Foto RetoqueRetro)















MOCHILA VIAXEIRA

Olaaaa !!!

Aquí vai outra mochila !!!  Boa viaxe !!



8 de nov. de 2021

MALETAS VIAXEIRAS

 Boasss outra vez !!!!

E non só temos Mochilas viaxeiras. Acaba de chegar á Bibliflora... unha MALETA VIAXEIRA!!!


Chea de libros e cousiñas para que podades CREAR todo o que queirades: coas letras e coas palabras, con papeis, con construcións, co Tangram... Todo o que vós podades imaxinar!!!









Aproveitade e vide á Biblio c@s mestr@s a disfrutar e aprender con todos estes materiais.