OLA,OLA!!!
Vaise achegando o Día das Letras Galegas... E hai moito material sobre o autor homenaxeado. Aquí vos deixo uns enlaces que me mandou o Equipo de Dinamización Lingüística para que aprendades moitas cousas sobre el. Ademais, tamén hai convocatorias para concursos. Premede nas imaxes.
Os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020.
Unha pequena biografía e as actividades dos diferentes centros educativos.
Unha colección de 24 caricaturas debuxadas por Siro para representar as diferentes etapas da vida do autor.
O proxecto As pitas baixo a choiva
da Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra,
para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en
formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a
unidade didáctica.
Os Bolechas achégannos á figura de
Ricardo Carvalho Calero e da súa obra
Scórpio, na colección
As miñas primeiras Letra Galegas.
O
libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as
actividades de educación infantil e primaria, tarefas interactivas para realizar en liña, adaptadas para alumnado con NEAE, biografías, carteis, e ata un álbum biográfico.
Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de fomentar a creatividade literaria en galego. Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel carballo centenario...”
Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas. O prazo de presentación remata o 31 de maio.