14 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO


OLA,OLA!!!

Vaise achegando o Día das Letras Galegas... E hai moito material sobre o autor homenaxeado. Aquí vos deixo uns enlaces que me mandou o Equipo de Dinamización Lingüística para que aprendades moitas cousas sobre el. Ademais, tamén hai convocatorias para concursos. Premede nas imaxes.

Os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020.

Mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020

Unha pequena biografía e as actividades dos diferentes centros educativos.

??? imaxe[1]/titulo ???

Unha colección de 24 caricaturas debuxadas por Siro para representar as diferentes etapas da vida do autor.

Serie de caricaturas de Carvalho Calero elaboradas por Siro

O proxecto As pitas baixo a choiva da Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica.

Liberado 'As pitas baixo a choiva', tributo a Carvalho Calero ...

Os Bolechas achégannos á figura de Ricardo Carvalho Calero e da súa obra Scórpio, na colección As miñas primeiras Letra Galegas.

 Os Bolechas. Carvalho Calero

O libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as actividades de educación infantil e primaria, tarefas interactivas para realizar en liña, adaptadas para alumnado con NEAE, biografías, carteis, e ata un álbum biográfico.


Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de fomentar a creatividade literaria en galego. Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel carballo centenario...”

 IX Certame de Relatos Breves Feiraco

Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas. O prazo de presentación remata o 31 de maio. 

 I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020


Ningún comentario:

Publicar un comentario