Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

10 de maio de 2024

MÁIS DE LUÍSA VILLALTA

 Como ides??

Xa se achega o día das nosas letras. A proposta da Biblioflora, xunto coa do Equipo de Dinamización Lingüística é facer unha línea do tempo da súa biografía e facer un mural cos violíns debuxados por cada nena e neno, no que irá escrita unha palabra do imaxinario da autora.

Aquí tedes máis material para seguir coñecendo a Luísa Villalta.

As palabras

 
A vida 


Canción
 

 
Poesía



 

 

 



8 de abr. de 2024

LETRAS GALEGAS

 Como ides???

Aínda que estamos en abril e temos por diante a celebración do Día do Libro, hai que ir preparándose para a celebración do Día das Letras Galegas. Este ano decidiuse dedicarllo a Luísa Villalta. A RAG (Real Academia Galega) xa ten unha entrada dedicada a esta autora: Primavera das letras 2024, con diferentes documentos e actividades, para ir aprendendo cousiñas sobre a autora homenaxeada. Clicade na imaxe para acceder aos mesmos.

                                     Responsive Image   

Ademais, o Seminario Galán ten un montón de actividades. Clicade aquí.

Na Biblioflora tedes, tamén algún libro para seguir aprendendo.


Un percorrido pola súa vida e a súa obra. Inclúe unha presentación audiovisual, a través de código QR, onde a escritora María Canosa fala sobre Luísa Villalta.


Unha biografía de Luísa Villalta, na que mergullarnos nalgunhas das palabras e das músicas, que ela ceibou ao vento, para achegarnos a unha muller polifacética e fascinante.

10 de maio de 2023

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

 Olaaaaa...

O pasado venres, o alumnado de 1º e de 2º de Educación Primaria fumos a Vilanova de Lourenzá para coñecer a Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023. 

Coa axuda dunha guía, fixeron un recorrido pola vila, no que coñeceron a casa na que naceu, as rúas polas que xogaba e un pouco da súa biografía. Tamén visitamos a igrexa de Santa María, onde está o sartego do Conde Santo, o Centro de Interpretación da faba e unha exposición, "O recuncho das argalladas", sobre os xogos e xoguetes de Fernández del Riego.

 


Aprenderon un montón de cousas de don Paco, como lle chamaban na vila onde naceu.


20 de abr. de 2023

LETRAS GALEGAS

 Ola, olaaaaa!

Dentro de pouco xa vai chegar o día das nosas letras. Este curso está adicado a Francisco Fernández del Riego que, escritor que foi o noso veciño. Si!!!! Naceu en Vilanova de Lourenzá, vila que forma parte da nosa comarca de A Mariña. A
páxina da RAG ten información sobre este escritor e a ela podedes acceder clicando na imaxe.


Ademais, se queredes afondar moito máis na personalidade de del Riego, tedes moita mais información nos seguintes enlaces.

12 de maio de 2022

COÑECEMOS A VIDA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Ola de novo!!!!!!
Xa temos lista a liña do tempo do autor homenaxeado nas nosas Letras Galegas. Tamén tedes na Biblioflora os carteis enviados pola Xunta de Galicia, que foron creados polo CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño, de Rubiá (Ourense). 


Recordade que tamén tedes máis abaixo unha entrada con actividades para saber máis sobre a súa vida.















25 de abr. de 2022

LETRAS GALEGAS

 Olaaaa !!!

Queda pouco para que chegue o mes de maio e xa sabedes que ese é o mes das Letras Galegas. Sabedes xa a quen se lle dedica este ano o día? Pois a Florencio Delgado Gurriarán. E, para que vaiades coñecéndoo e descubrindo a súa vida e a súa obra, déixovos aquí unha pequena biografía escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán. Só tedes que premer no capítulo que queirades ler.


CAPÍTULO 1       







                                       CAPÍTULO 2






CAPÍTULO 3




 CAPÍTULO 4


Tamén tedes información e actividades na páxina do Seminario Galán. Clicade na imaxe para acceder.


A desfrutar e aprender moitas cousas!!!






14 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS

 Olaaa !!!

Remata a semana e hoxe foi un día cheo de poesía ...

Coa proposta de hoxe, enchimos moito máis o taboleiro. Mirade !!!


O luns non hai cole, porque é o Día das Letras galegas, así que... Xa sabedes !!. Aproveitade o día para ler en galego. Eu vou esperarvos na biblio e teño un montón de libros para escoller.

Ata o mércores !!!

13 de maio de 2021

DE NOVO CON VÓS

Espero que esteades aprendendo moito de Xela Arias. Non tedes máis que ir á entrada na que deixei todos os recursos sobre ela. Só tedes que clicar na foto.

E onte deixeivos unha poesía de Antonio García Teijeiro sobre as bolboretas. Pois hoxe, do mesmo autor, déixovos outra que me encanta, do seu libro Poemar o mar. É unha das miñas favoritas:

        Atopei

             unha palabra

                         que rima

                               co sorriso do mar: sorrimar.


QUE VOS PARECE SE...

 OLA, OUTRO DÍA MÁIS !!

Como se vai enchendo todo..., o encerado e o taboleiro.



E para mañá... Que vos parece se vos deixo facer a vós a poesía coa rima que queirades? Supoño que, despois de estar traballando toda esta semana, xa saberedes facelo.. Así que...







12 de maio de 2021

SEGUIMOS

OLA, OLA, OLAAAAA !!!!!

Mirade todas as palabras que escribistes hoxe...

E seguides facendo as vosas rimas...
 



E para mañá...


E se queredes bailar un pouquiño... Tedes unha coreografía do CEIP do Carballal de Marín, que fixeron un videoclip, titulado "Canto sei !" baseado nun poema de Xela Arias do seu libro Darío a diario. A bailar!!



FALANDO DE BOLBORETAS...

Xa que hoxe falamos de bolboretas... Buscando, buscando na biblio, atopei un libro de Antonio García Teijeiro, o noso poeta Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil de España, no que nos fala precisamente de bolboretas. Por exemplo, este pedaciño da súa poesía "No país das bolboretas":

No país das bolboretas

fai cada un o que lle peta.

As abellas fan calceta, 

os cans tocan a trompeta

e os coellos, a corneta.

As carreiras son sen meta,

memo as curvas son ben rectas

e os poemas perden letras.

Aquí tedes o libro:



11 de maio de 2021

SEGUIMOS COAS LETRAS



 BOAS, COMO ESTADES?

Seguides enchendo o encerado de palabras. E estou alucinando, porque a min non se me ocorriran tantas !!! Ata polos dous lados !!!



E tamén van aumentando as poesías !!!


Cal será a proposta para mañá?   Mmmmmmm !!!! Deixádeme pensar...


Xa sei...


Espérovos mañá !!





10 de maio de 2021

SEMANA DAS LETRAS

 QUE TAL ????

Mirade como quedou hoxe o encerado con todas as palabras que vós escribistes !!!

E... animádevos a fecar rimas !!! É moi fácil !!!

Por agora, hai moi pouquiñas...


Mañá máis !!!

A proposta para mañá é...









7 de maio de 2021

XELA ARIAS

 OLAAAAAA  !!!

Comezamos coa Semana das Letras Galegas. Na Biblioflora, podedes atopar varios libros para coñecer a Xela Arias que, como xa sabedes, é a autora homenaxeada, e a súa obra. Aquí os tedes.

                     

Recordade que na anterior entrada das Letras Galegas tedes moitos recursos cos que podedes aprender moito !!
Ademais, xa tedes a actividade que vos propoño para esta semana: na entrada do cole, tedes un encerado, no que cada día se vos vai propoñer unha palabra para que atopedes outras palabras que rimen con ela. Logo, coa palabra proposta e unha que elixades das que se escribiron no encerado, podedes facer un pareado, escribilo nunha cartolina e pegalo no panel de Xela Arias.
Ánimo. É moi fácil !!!! Xa estou esperando polas vosas poesías...


A proposta para o luns é....





27 de abr. de 2021

LETRAS GALEGAS

 Olaaaa, amiguiñas e amiguiños !!!

Despois de toda esta semana tan intensa cos libros (Citas a cegas, lecturas pola rúa...), vai achegarse a festa das nosas letras: o Día das Letras Galegas. Este curso, a Real Academia Galega decidiu que se  homenaxeara a unha muller: Xela Arias, muller que renovou nos anos 80 a poesía galega e que foi pioneira na tradución de clásicos.

Déixovos os recursos do Portal da Lingua Galega nos que poderedes coñecer a súa vida e a súa obra. Só tedes que clicar na imaxe de Xela Arias; alí podedes atopalos. Tedes tamén diferentes actividades de centros escolares de Galicia.


Tamén podedes disfrutar da música, coa canción "Intempériome", da Banda da Loba, incluída no disco Hasme oír, que homenaxea a Xela Arias.



E do recitado dunha alumna do IES María Soliño de Cangas de Morrazo.







17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Que día máis bo!!!
Que pena que teña que estar  aquí pechada, sen todas e todos vós!!!
Pero teño moitas ganas de vervos e, para sentir que estamos xunt@s, mándovos unha canción moi bonita que compuxo Uxía: un valse primaveral sobre un fragmento dun poema de Ricardo Carvalho Calero recollido no seu libro Reticências. Espero que vos guste e... POÑÉDEVOS A BAILAR!!


                                       


Tamén vos deixo un Trivial sobre Ricardo Carvalho Calero, que elaboraron no CEIP Torrente Ballester de Sigrás.

              
https://entrecatroparedes.blogspot.com/2020/05/calerotrivial-xogar.html






16 de maio de 2020

MÁIS E MÁIS...

Como vades amiguiñas e amiguiños?
Deixo aquí máis palabras que seguides mandando!