Amosando publicacións coa etiqueta TRABALLOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TRABALLOS. Amosar todas as publicacións

17 de nov. de 2022

TRABALLANDO NA BIBLIO

Ola, olaaa!!!!

Moito traballan @s nen@s de 2º!!! Estes días viñeron visitarme varias días á biblioteca, para aprender moitas cousas sobre o corpo humano. 

Aquí @s tedes.







Que contenta estou cando teño estas visitas e vexo canto traballades!!!

23 de abr. de 2014

INTERPRETACIÓN PLÁSTICA DAS PLANTAS

Co obxectivo de coñecer a flora galega e a súa situación xeográfica, o alumnado de 5º elaborou un conxunto de fichas técnicas sobre plantas da nosa comunidade e logo representáronas de forma plástica con acuarelas, empregando a técnica e as cores máis axeitadas.
Para que todo o centro poidera contemplar o traballo realizado e aprender un pouco máis sobre a flora que nos rodea, realizouse unha exposición nas paredes das escaleiras.
Moi bo traballo rapaces e rapazas!

3 de abr. de 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o día da muller traballadora, o alumnado de 3º curso realizou a biografía dunha muller da súa familia.
Non foi un traballo doado xa que anteriormente tiveron que preparar unha entrevista para logo poñerse en marcha coa redacción da biografía.