29 de abr. de 2021

POESÍA ENCADEADA

 COMO ESTADESSSS???

Pois xa temos lista a poesía que fixestes entre tod@s. Podedes vela na entrada do cole, pero déixovola aquí para que podades lela cando queirades.

Este é o resultado:


Pero, para que podades vela mellor, tedes aquí as diferentes partes:







Unha aperta moi grande e... A ler poesía !!!



28 de abr. de 2021

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Moiiiiiiiii   boassssss !!!

Que tal resultaron as vosas citas? Espero que vos divertiran e vos serviran para darvos conta de todo o que vos poden dar os libros e que a Biblioflora está chea de libros esperando por vós.

Aquí están os libros cos que disfrutastes en todos os cursos.

                           Libros de 1º de E. Primaria

                           Libros de 4º de E. Infantil
 
                           Libros de 5º de E. Infantil

                           Libros de 6º de E. Infantil

                           Libros de 2º de E. Primaria

                           Libros de 5º de E. Infantil
                           Libros de 4º de E Primaria


                           Libros de 3º de E. Primaria

 
                          Libros de 6º de E. Primaria

Xa sabedes... Os libros seguen esperándovos na Biblioflora !!!!!!





27 de abr. de 2021

LETRAS GALEGAS

 Olaaaa, amiguiñas e amiguiños !!!

Despois de toda esta semana tan intensa cos libros (Citas a cegas, lecturas pola rúa...), vai achegarse a festa das nosas letras: o Día das Letras Galegas. Este curso, a Real Academia Galega decidiu que se  homenaxeara a unha muller: Xela Arias, muller que renovou nos anos 80 a poesía galega e que foi pioneira na tradución de clásicos.

Déixovos os recursos do Portal da Lingua Galega nos que poderedes coñecer a súa vida e a súa obra. Só tedes que clicar na imaxe de Xela Arias; alí podedes atopalos. Tedes tamén diferentes actividades de centros escolares de Galicia.


Tamén podedes disfrutar da música, coa canción "Intempériome", da Banda da Loba, incluída no disco Hasme oír, que homenaxea a Xela Arias.



E do recitado dunha alumna do IES María Soliño de Cangas de Morrazo.







22 de abr. de 2021

LENDO, LENDO, LENDO, LENDO, LENDO...

 Rematando a semana !!!
Déixovos un breve vídeo, moi ilustrativo, onde nos fala das partes dunha lectora ou dun lector. 


Tamén é moi interesante para as familias, a lectura  do caderno do Observatorio Andaluz da Lectura, desenvolvido por Antonio Ventura, que pretende ser unha guía para as familias. Entre outros temas, aborda a necesidade da ficción, as palabras e as imaxes, o gusto polas palabras e o amor polos libros, os momentos da lectura, as clases de libros...
Clicade na imaxe e teredes o documento.





LENDO, LENDO, LENDO, LENDO...

 OLAAAAAAAA !!!!

Déixovos unha mensaxe que fixen con libros. 

Probade a facer algunha cos libros que tedes na casa !


21 de abr. de 2021

LENDO, LENDO, LENDO...

 Que tal cos libros e as lecturas?

Seguimos nesta semana tan bonita para a biblioteca. Aquí vos deixo o díptico que edita a Consellería de Cultura, Educación e Universidade,  para conmemorar este día.

Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da cultura galega actual, neste caso, a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:

"Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas"

Clicade na imaxe para ler o texto completo.



AMOR POLOS LIBROS

BOAAAASSSS !!!

Outro día máis para disfrutar das nosas citas a cegas. 

E descubrín este vídeo interesante para toda a familia da mesma Irene Vallejo, no que nos fala da súa experiencia, dende nena, cos libros e do que significan para ela.  Ademais, reivindica o labor das mulleres como transmisoras do coñecemento.




19 de abr. de 2021

LENDO ...

 Seguimosss...

Que tal as vosas citas a cegas? Espero que esteades encantad@s e que atinárades na vosa elección.

Déixovos aquí un vídeo de Irene Vallejo (Premio Nacional de Ensaio 2020), a autora do libro El infinito en un junco. La invención de los libros del mundo antiguo, traducido xa ao galego na Editorial Xerais. Un libro sobre os libros, no que se fala sobre a súa historia.




CITA A CEGAS CUN LIBRO

Como andades? Eu encantada con esta semana, porque é a miña "festa" preferida. Supoño que xa sabedes por que...   O DÍA DO LIBRO !!! O próximo venres, 23 de abril, celebramos o Día do Libro e, na Biblioflora imos "celebralo" toda a semana.

E sabedes que...? Aquí tedes unha curiosidades sobre os libros:

  • A produción de libros xa comezou na Antigua Roma
  • A novela máis longa é In the Realms of the Unreal, de Henry Darger. Ten 15145 páxinas divididas nun total de 15 volumes
  • O primeiro libro que se gravou na imprenta de Gutemberg foi a Biblia
  • O día 23 de abril faleceron Miguel de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega


Así que... esta semana.... Tedes unha cita a cegas cun libro!!!


Tedes que elixir un dos paquetes que tedes na entras do cole. Son todos para vós. Só tedes que fixarvos nas "pistas" que vos dá a tarxeta e o envoltorio.



E, como vos di Flora ...  A disfrutar da lectura!!!


FELIZ SEMANA DO LIBRO !!!

13 de abr. de 2021

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

BOAS, AMIGUIÑ@S!!!

Este 2 de abril, mentras nós estabamos de vacacións, celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Como xa sabedes, celébrase este día, porque se conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen.

O cartel que anuncia esta data está ilustrado por Robert Mello e a mensaxe é de Margarita Engle, traducida ao galego por María Canosa.

Déixovos o cartel e a mensaxe.


Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.

As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!

As palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e novos,
fantasías e verdades.

Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara a unha nova terra
e unha lingua estraña, as historias e poemas
perténcente.

cando compartimos palabras, as nosas voces
vólvense música do futuro,
paz, alegría e amizade,
unha melodía 
de esperanza.

Tamén vos deixo un vídeo.

POESÍA EN CADEA


OLAAAA.....

Para o Día da poesía, que celebramos o 21 de marzo, Flora propúxonos facer unha poesía encadeada. E puxémonos man á obra. Comezaron @s máis pequeniñ@s, @s nos@s compañeir@s de 3 anos en 6º de Primaria. E xa temos a poesía completa na entrada do cole, aínda que estamos rematando a súa exposición.

Déixovos aquí un vídeo de varios actores españois recitando a Rima IV de Gustavo Adolfo Bécquer