Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións

22 de mar. de 2024

21 DE MARZO

 Como idesss????

Onte, 21 de marzo, conmemoramos o Día da Poesía. Tivemos uns días traballando cos libros de poesía da Biblioflora. Recollimos un montón de poemas de diferentes autor@s, copiámolas en folios de cores, enrollámolas cun laciño ou unha corda e repartímolas polos establecementos comerciais de Xove para que se repartiran coa compra do día 21. Ademais, elaboramos uns carteis para anunciar a actividade.


O alumnado ´de 2º de Primaria saíu ese día pola vila para ler poesía.







22 de mar. de 2023

CONSTRUÍNDO POESÍA

 OLAAAAAA!!!!!

Onte, día 21, ademais  de comezar a primavera, foi o Día da Poesía. e que maneira de "construír" poemas!!

Que ben vos quedaron!!! Como fixestes para atopar os libros na biblioteca e que vos coincidiran tan ben!!!


Tedes aquí unha mostra de todas elas.











 
E... xa sabedes. Tedes un montón de libros de poesía na Biblioflora, que están esperando por vós.

Ademais, tamén estivemos traballando coa poesía "Xitanxáforas do extezo esparior", do libro Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias, na editorial Xerais, Premio Merlín de Literatura Infantil 2022.
 

 


6 de abr. de 2022

MAR DE POESÍA

Rematamos xa cos nosos Mares de poesía e, en todas as clases, escollestes o que vos pareceu mellor entre tod@s. Todas as ilustracións están xenial e xa estou preparando un libro con todas elas.

Aquí tedes esa selección:

















29 de mar. de 2022

UN MAR DE POESÍA

 Olaaaa....

Temos a entrada chea de poesía! Que ben estades ilustrando as poesías do mar!!! Temos a Antonio García Teijeiro, con poemas do seu libro Poemar o mar; a María Canosa, dos libros Acuario e Acuario 2; a Martín Códax coa cantiga "Ondas do mar de Vigo"...







21 de mar. de 2022

DÍA DA POESÍA

 Olaaaa, olaaaa, caracola !!!

Hoxe, día 21 de marzo, celebramos o Día da poesía. A Biblioflora, dentro do proxecto sobre o MAR, quixo celebralo con poemas que nos falaran del. Ao longo desta semana, iranse publicando todos estes poemas ilustrados que xa sei que estades facendo. Ademais, podedes vir á biblioteca para levar poesía para as vosas casas.



29 de abr. de 2021

POESÍA ENCADEADA

 COMO ESTADESSSS???

Pois xa temos lista a poesía que fixestes entre tod@s. Podedes vela na entrada do cole, pero déixovola aquí para que podades lela cando queirades.

Este é o resultado:


Pero, para que podades vela mellor, tedes aquí as diferentes partes:







Unha aperta moi grande e... A ler poesía !!!



13 de abr. de 2021

POESÍA EN CADEA


OLAAAA.....

Para o Día da poesía, que celebramos o 21 de marzo, Flora propúxonos facer unha poesía encadeada. E puxémonos man á obra. Comezaron @s máis pequeniñ@s, @s nos@s compañeir@s de 3 anos en 6º de Primaria. E xa temos a poesía completa na entrada do cole, aínda que estamos rematando a súa exposición.

Déixovos aquí un vídeo de varios actores españois recitando a Rima IV de Gustavo Adolfo Bécquer


3 de abr. de 2014

REGALAMOS POESÍAS

Para celebrar o Día da Poesía fixemos unha actividade ben bonita, a cal consistía en copiar unha poesía que che gustara facendo referencia ao libro e ao escritor ou escritora e ilustrala cun debuxo.
O pasado 21 de marzo estas poesías convertéronse en agasallos para numerosas tendas do noso concello. Pola compra dalgún produto, agasallában unha aos seus clientes coa finalidade de mostrar o fermosa que é a poesía e invitalos a lela dun xeito moi orixinal.