Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións

13 de mar. de 2014

CULTIVAMOS BO TRATO E IGUALDADE

Co título de CULTIVAMOS BO TRATO E IGUALDADE. ARRINCAMOS MALTRATO E VIOLENCIA o alumnado do colexio elaborou esta horta en conmemoración do día da paz, tratando dende diferentes puntos de vista como evitar o sexismo.
Eses días, no expositor da biblioteca, fíxose unha selección sobre diversos libros referentes a esta temática.

21 de feb. de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de outubro celebrouse no colexio o Día das Bibliotecas Escolares. Aproveitamos este día para presentar o novo proxecto mediante unha actividade na que participou todo o alumnado do centro dende a súa aula. 
Na entrada do colexio poderíades atopar: plantas con nomes de personaxes de contos da biblioteca relacionados co horto,  plantas colgantes con títulos de contos coa mesma temática, unha maciñeira chea de mazás con poesías e unhas hortalizas nas que se reflexaban libros de plantas e o seu cultivo.

7 de xuño de 2013

ARTE. MOITA ARTE

No noso cole, para celebrar o día da arte na Mariña, decidimos relacionar a arte coa alimentación seguindo a liña do proxecto anual "Como como".  Como este ano está adicado á escultura, decidiuse que cada clase reciclase botellas de refugallo que decoramos ao noso gusto ao longo da semana anterior, para ese día montar unha fermosa escultura.











O resultado final foi esta creativa e orixinal escultura:


E así o seu proceso de creación, coa colaboración de todos os nen@s do cole: