31 de xan. de 2022

PESCA SOSTIBLE

 Ola rapazada !!!!

Fuchicando, fuchicando... atopei ! E, ademais, aprendín !! E que alegría se sente cando se atopa a alguén coma Rogelio Queiruga.


Rogelio é un mariñeiro de Porto do Son que, coas súas redes sociais, vai aportando o seu grao de area no obxectivo de salvar o planeta. E como o fai? Pois... intentando sensibilizarnos no coidado do medio ambiente e no coñecemento da contorna que nos arrodea. Déixovos un vídeo no que nos fala da pesca sostible e diversidade en Galicia. 


E, se queredes, podededs acceder ao seu perfil de Youtube pinchando aquí.












29 de xan. de 2022

MOCHILAS VIAXANDO

 Olaaaa !!!

Esta semana, as mochilas viaxeiras van á casa de....


Pois a desfrutar delas !!!


28 de xan. de 2022

DÍA DA PAZ

 Como vades????

Xa case estamos no Día da Paz e, ademais dos libros que tedes expostos na  Bibnlioflora, déixovos unhas curtametraxes, coas que podedes afondar máis profundamente no tema.

                     THE BOX, unha curtametraxe con gran cantidade de premios.


SADAKO Y LAS 1000 GRULLAS DE PAPEL, baseado nunha historia real.


E podedes animarvos a facer "grullas" de origami.


E aquí vos deixo  MIGRANTS,  unha curta preciosa onde, a través da historia dunha familia de osos polares que se ven obrigados a emigrar e que intentan vivir no mundo dos osos polares, podedes entender o que poden sentir as persoas que teñen que abandonar os seus países. 







COIDAMOS O MAR

Xa estou aquí de novo. E hoxe quería ensinarvos o que o plástico está facendo no noso mar e que nos afecta tamén a nós.




Espero que vos gusten e que aprendades moitas cousas.




27 de xan. de 2022

ESCOITANDO O MAR

 Olaaa...

Mirade que canción tan bonita atopei que nos fala do mar: "Mar en ondas" Aparece en 'Segundo fogar' (Todomedre, 2019), o disco da banda Os Amigos dos Músicos.


Desfrutade dela!!!


VIAXANDOOOOO

 Boassss....

Un pouco tarde, pero volven as Mochilas viaxeiras polas vosas casas. A semana pasada andiveron acompañando a...



25 de xan. de 2022

DÍA DA PAZ

Olaaa !!!

Xa andades metid@s nas actividades deste mes? 

Achégase o Día da Paz, o día 30, e nós imos celebralo o luns. Xa vos escoito ensaiar a canción que imos cantar tod@s xunt@s: "Quérote máis", de O Sonoro Maxín. Aquí vola deixo para que practiquedes na casa.


Tamén, para que afondedes no significado destas datas, tedes na Biblioflora unha selección de libros, que vos van facer comprender moitas das cousasa que pasan polo mundo, ademais de darvos a coñecer a algúns personaxes que loitaron e loitan para que haxa paz no mundo.




Xa sabedes... Aquí vos espero !!!








19 de xan. de 2022

LENDO DO MAR

 Olaaaa !!!

Hoxe tráigovos un novo álbum para seguir co proxecto do curso sobre o mar. Sabedes como se titula?

Ravioli, da Editorial OQO e escrito por David Hernández Sevillano e ilustrado por Anna Forlati.


Cóntanos a historia do señor Ravioli. Que non sabedes quen é o señor Ravioli? Non mo podo crer!!! Pois o señor Ravioli é o encargado de amasar o mar, de dar forma ás ondas e facelas rodar sobre a superficie. A que é un traballo moi bonito? 
Para disfrutar deste conto podedes vir visitarme na biblioteca. Aquí vos espero!!!



18 de xan. de 2022

CARTA XANEIRO-FEBREIRO

 Boasssss !!!

Como vos fai nas vacacións? Xa tiña ganas de vervos. 

Estiven moi ocupada preparando as actividades para os meses de xaneiro e febreiro. Xa vos chegaron á clase, así que supoño que estaredes xa "traballando", polo que vos espero na biblioteca. Aquí tedes toda a información que necesitades, polo que podedes vir coas vosas titoras.

Déixovos aquí a carta coas as actividades propostas para que non vos esquezan.