29 de abr. de 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 Olaaa!!!

O día 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar, para concienciar á poboación sobre os riscos que pode causar o acoso entre @s escolares e para divulgar diversos métodos para evitar que esta situación ocorra.

Na biblioteca temos algúns libros para que podades coñecer algunhas cousiñas sobre este problema e para comprender como se senten @s nen@s que o sofren. 

¿Qué le pasa a Uma?, de Raquel Díaz Reguera, de Nubeocho ediciones.



Conta a historia de Uma, unha nena moi especial, Tod@s  pensan que é rara e por iso se aílla e prefire pasar soa o tempo de recreo.Coa axuda da súa profesora, enfróntase ao dilema de ser "única" ou coma "todos os demais". 

¿Qué le pasa a Nicolás?, de Juana Cortés Amunárriz, de Nubeocho ediciones.


Sofi dáse conta de que algo lle pasa a Nicolás. Está perdendo as súas cores! Primeiro a cor do seu pelo, o laranza. Despois, o verde...O médico dille que coma mandarinas, que coma kiwis. Pero... ¿Iso pode solucionarse con froita? A realidade é que Nicolás está sofrindo acoso escolar. Sofi e outr@s amig@s axudaranlle.

Rojo o por qué el bullying no es divertido, de Jan Kinder, da editorial Tramuntana. 


Neste conto fálase das testemuñas, d@s que co seu silencio e as súas risas dan forza @ acosador@. Unha nena dáse conta de que as cousas comezan a traspasar certos límites e decide convencer @s s@s compañeir@s  da clase de que non deben seguir consentido ese acoso. Desta maneira, deixan ao acosador sen público.
Sonríe, de Raina Telgemeier, da editorial Maeva.

É unha novela gráfica para nen@s grandiñ@s na que a protagonista rompe os dentes e, ademais de ter que estar  visitando ao dentista, ten que veer como as súas amigas, ou as que ela cría que eran as súas amigas, empezan a convertela no centro das súas burlas. A partir dese momento, dáse conta de que ten que tomar unha decisión importante.
Cinco horas con Mauro, de Pere Tobaruela, da editorial Embora.

Conta a historia de Mauro, un neno que estaba farto de que catro compañeiros da escola lle fixeran a vida imposible, polo que decide solucionalo á súa maneira. 
Hoy no juegas, de Pilar Serrano, de Nubeocho ediciones.


Neste álbum, cóntase a historia dun patio de colexio no que todo cambiou coa chegada dunha nena nova, Emma. Ana , Zoe e Víctor e tod@s @s compañeir@s de clase viron como o momento máis divertido do día cambiou por completo. Emma é unha nena que non sabe xogar e que quere mandar en todos os xogos e as actividades: decide quen xoga ou non, obríga@s a darlle o almorzo, conta mentiras sobre @s compañeir@s...






















28 de abr. de 2022

VIAXAMOS A...

Estas semana as maletas viaxaron á casa de...


 

25 de abr. de 2022

LETRAS GALEGAS

 Olaaaa !!!

Queda pouco para que chegue o mes de maio e xa sabedes que ese é o mes das Letras Galegas. Sabedes xa a quen se lle dedica este ano o día? Pois a Florencio Delgado Gurriarán. E, para que vaiades coñecéndoo e descubrindo a súa vida e a súa obra, déixovos aquí unha pequena biografía escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán. Só tedes que premer no capítulo que queirades ler.


CAPÍTULO 1       







                                       CAPÍTULO 2






CAPÍTULO 3




 CAPÍTULO 4


Tamén tedes información e actividades na páxina do Seminario Galán. Clicade na imaxe para acceder.


A desfrutar e aprender moitas cousas!!!






21 de abr. de 2022

23 de ABRIL

Que tal?

Xa temos aquí o cartel que edita a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O escritor, editor e tradutor Xosé Ballesteros é o que creou o texto orixinal deste cartel, centrándose na parte menos visible do libro: autor@s, ilustrador@s, editor@s, imprentas, librarías e bibliotecas.




DÍA DO LIBRO

 Como ides?

Estamos na semana do libro. Xa sabedes que o día 23 deste mes, o próximo sábado celébrase o Día do libro. E xa estamos desfrutando das Citas a cegas cun libro, a actividade que vos tiña preparada á volta das vacacións de Semana Santa.

                              

Que tal vos están saíndo? Espero que acertedes nas vosas eleccións !!!



Seguide desfrutando das lecturas !!!

7 de abr. de 2022

LENDO O MAR

 Boasss !!!!!

Tráiovos un novo libro para que desfrutedes coa súa lectura: Cando soa a buguina, de X. H. Rivadulla Corcón, da editorial Xerais. 


Conta a historia de Carme, unha nena de oito anos que vive en Muxía coa súa familia. O seu pai é mariñeiro e, todas aas tardes, cando volve do mar, xoga con ela. Pero, unha tarde, o pai de Carme non volve. O seu barco perdeuse no mar. Dende esa, para Carme, o son da buguina trae a voz do seu pai.
Un libro precioso!!


6 de abr. de 2022

MAR DE POESÍA

Rematamos xa cos nosos Mares de poesía e, en todas as clases, escollestes o que vos pareceu mellor entre tod@s. Todas as ilustracións están xenial e xa estou preparando un libro con todas elas.

Aquí tedes esa selección:

















VIAXANDO A...


 Xa quedan poucos viaxes para as mochilas. Esta semana estiveron nas casa de...