Ola nenos e nenas, imos empezar o novo curso polo que acabo de voltar das miñas vacacións. Xa estamos organizando todo no cole e na biblioteca para darvos a benvida. Gustaríame que empezárades o novo curso con bo sabor de boca e que mellor xeito para facelo que recordando como rematamos o curso anterior.
Espero que este ano o pasemos igual de ben con todas as actividades que imos a organizar dende a biblioteca.
Un saudiño, Flora
4 de set. de 2013
7 de xuño de 2013
ARTE. MOITA ARTE
No noso cole, para celebrar o día da arte na Mariña, decidimos relacionar a arte coa alimentación seguindo a liña do proxecto anual "Como como". Como este ano está adicado á escultura, decidiuse que cada clase reciclase botellas de refugallo que decoramos ao noso gusto ao longo da semana anterior, para ese día montar unha fermosa escultura.
O resultado final foi esta creativa e orixinal escultura:
O resultado final foi esta creativa e orixinal escultura:
E así o seu proceso de creación, coa colaboración de todos os nen@s do cole:
31 de maio de 2013
LIBERNAUTAS
Pouco a pouco estamos a converternos en expertos libernautas! Co gallo da celebración do día do libro comezamos unha actividade que convertiría aos alumn@s en libernautas navegando polo universo dos libros. Cada un/unha vai cubrindo o seu carnet de libernauta ata conseguir o selo que os/as acredite como auténticos libernatuas. E pouco a pouco vanse achegando á biblioteca coa súa tarxeta e nas aulas ben lemos os libros ou ben comentamos as experiencias da viaxe polo liberespazo.
30 de abr. de 2013
DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Entramos no mes de maio, o mes das letras galegas, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, personalidade destacada do teatro galego.
Dende a páxina das Bibliotecas Escolares atopamos links con ideas, actividades, aportacións documentais e recursos varios para adentrarnos no universo literario deste autor.
Tamén podemos atopar información interesante na páxina oficial da Asociación Roberto Vidal Bolaño, dende arquivos multimedia de imaxes, vídeos, audios, artigos, entre outros.

caricatura de Roberto Vidal Bolaño |
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrécenos unha selección de materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos e que podedes atopar na seguinte ligazón:
Ademáis, a CGENDL pon á nosa disposición unha páxina web monográfica sobre Roberto Vidal Bolaño que recompila diversos recursos didácticos para coñecer mellor a este autor galego.
- http://coordinadoraendl.org/letras2013/
Os alumnos do CEIP Pedrouzos Brión traballaron sobre a biografía de Roberto Vidal Bolaño e fixeron un vídeo como resultado do seu traballo:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/mod/flashvideo/view.php?id=1450

12 de abr. de 2013
VISÍTANOS ANXO MOURE
Coñecedes a Anxo Moure? Listes algunha vez algúns dos seus contos?Pois esta semana é a nosa oportunidade de achegarnos ao seu universo de soños xa que nos visita para encher a nosa biblioteca de historias cheas de fantasía e imaxinación ecolóxica para construir un mundo mellor.
22 de mar. de 2013
APADRIÑA UNHA POESÍA
Este mes de marzo está tendo lugar unha actividade que forma parte do proxecto da Biblioteca Escolar, en colaboración con bibliotecas doutros centros da Mariña pertencentes ao PLAMBE, e conta tamén coa participación doutras bibliotecas que non pertencen a dito proxecto.
Seguindo a liña do curso anterior ("Lembrando o pasado"), propúxoselle ás familias participar nunha actividade que leva por título "Unha primaveira de poemas: apadriña unha poesía". Terán que buscar un autor e un poema que lles guste, copiar a poesía e facer un pequeno traballo plástico ilustrando o poema, nun formato base que se lles será entregado no cole.
Esta actividade ten como obxectivo revalorizar a poesía como un pilar fundamental na formación de hábitos lectores e na aprendizaxe dos nen@s.
Con todos os traballos farase en abril unha exposición no propio centro. Durante o mes de maio terá lugar unha exposición conxunta na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.

15 de mar. de 2013
21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA
Como cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía. Este Día ten por obxeto apoiar a poesía, a importancia da tradición oral dos recitados poéticos, promover a ensinanza da mesma, adí como o diálogo da poesía coas demáis manifestaciones artísticas, teatro, danza, música e pintura.
Deste xeito, no cole xa nos estamos preparando para a chegada dese día. Todos os cursos xa ensaian o seu recitado de poemas elaborados polos nenos e nenas nas aulas. Este ano Flora propuxo crear un alfabeto animal, pero seguindo a liña do noso proxecto anual "Como como", por iso os nosos poemas han de estar relacionados coa alimentación.
poesía
22 de feb. de 2013
ROSALÍA DE CASTRO. 150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS
O día 22 celébrase o Día de Rosalía nos centros de ensino, co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Para conmemorar tal data os nenos e nenas de 3º ciclo están a preparar un recitado de poemas pertencentes a esta obra para expoñerse con apoio visual ao resto do alumnado e profesorado do cole.
- "Adios ríos, adios fontes"
- "Campanas de Bastabales"
- "Paseniño, paseniño"
- "Paseniño, paseniño"
- "Un repoludo gaiteiro..." que musicalizarán coa guitarra.
Ademáis, deixamos aquí máis información para aqueles que queiran achegarse á vida e obra da escritora galega máis universal:
- A Fundación e Casa-Museo Rosalía de Castro.
- A Fundación Manuel María de Estudos Galegos dispón na súa web dunha EXPOSICIÓN en vinte paneis, unha UNIDADE DIDÁCTICA e un VÍDEO.
- Rosalía de Castro. CEIP de Nosa Señora de Xuvencos
Tamén podedes ver e escoitar algúns poemas musicados de Rosalía:
Tamén podedes ver e escoitar algúns poemas musicados de Rosalía:
15 de feb. de 2013
SADAKO
Este venres 15 de febreiro é o Día Internacional da loita contra o Cancro Infantil, unha xornada para concienciar sobre esta enfermidade que afecta a uns 1.300 menores en España cada ano.
Queremos conmemorar este día recordando a historia da nena Sadako "y las mil grullas". Esta é a súa historia:
Por Percy Taira
El 6 de agosto de 1945 los Estados Unidos decide lanzar sobre la ciudad de Hiroshima, en Japón, una de sus dos bombas atómicas, la llamada “Little Boy”, bomba cuya explosión de 13 kilotones de TNT, acabó con la vida de gran parte de los 255 mil personas que habitaban en esta ciudad japonesa e hiriendo a otras.
Una de las testigos de este hecho fue una niña de dos años de edad llamada Sadako Sasaki, quien vivía a sólo kilómetro y medio de la zona del estallido. Ella no murió en el ataque, ni siquiera, fue herida, es más se dice que creció como una niña fuerte y muy sana. Sin embargo, como sucedió en muchos casos en los niños de Hiroshima, las secuelas de aquella bomba se comenzaron a notar con el paso del tiempo. A los once años de edad a Sadako Sasaki, se le diagnóstico Leucemia, cáncer que se caracteriza por atacar directamente a la médula ósea de los pacientes.
Pues bien, al enterarse de la terrible noticia, su mejor amiga, Chizuko Hamamoto, le recordó a Sadako una vieja tradición japonesa en la que los dioses podían conceder cualquier deseo a la persona que realizara mil grullas de origami (figuras de papel). Chizuko, le regaló a Sadako la primera grulla, con la condición que ella hiciera las otras y que pidiera por su recuperación.
Un día, Sadako, se encontraba haciendo sus grullas cuando se encontró con otro niño que sufría lo mismo, y le contó la historia de las mil grullas de papel y le animó para que él hiciera lo mismo, sin embargo, el niño le dijo que de nada serviría eso, porque sabía que él iba a morir esa noche.
Fue entonces que Sadako decidió cambiar su deseo: al completar las mil grullas ya no pediría por curar su enfermedad sino, pediría por la curación de todos los enfermos del mundo.
Con los papeles que iba encontrando de envoltorios de medicinas o de diversos productos, Sadako, comenzó su tarea de hacer mil grullas de origami.
Lamentablemente no pudo llegar a la meta, Sadako falleció el 25 de octubre de 1955, a los 12 años de edad. Al momento de su muerte, había logrado hacer 644 grullas de papel. Al enterarse de la muerte de Sadako, sus compañeros de clase decidieron cumplir con la meta de su amiga para que se pudiera cumplir su deseo. Así que ellos lograron terminar las mil grullas de origami.
8 de feb. de 2013
AMOR, AMOR, AMOR
Calquera momento pode ser o axeitado para achegarvos historias que vos poden facer pasar un momento inesquecible. Nesta ocasión, Flora está rebuscando e sacando dos andeis da biblioteca títulos que teñen que ver co AMOR con maiúsculas, coa amizade, co cariño, coas apertas e bicos...
CANTAS LECTURAS DE AMOR HAI NA NOSA BIBLIOTECA! Que, anismádevos a coller algúnha?
Tamén queremos amosarvos estes vídeos que falan do amor:
- O primeiro deles titúlase PAPERMAN, unha curta de Disney nominada aos óscar 2013.
- O segundo, leva por título LOVE RECIPE.
4 de feb. de 2013
CHEGA O ENTROIDO!
Entramos no mes de Febreiro. Este é o mes dos disfraces e da troula. Achégase o Entroido! Seguro que nas vosas casas estaredes xa preparando o voso disfraz para os desfiles.
Este curso cada clase elexirá un disfraz relacionado co país que está a traballar no proxecto "Como como" e que xa comezamos co gallo do Día da Paz.
Ademáis, aquí vos deixamos unha recompilación de material con actividades e recursos que podedes empregar para pasar un bo ratiño.
Se queredes saber mais cousiñas sobre o Entroido en Galicia:
http://www.culturagalega.org/especiais/entroido/index.php
http://www.galiciaespallada.com.ar/entroido_culturagalega.htm
Receitas, e máis receitas. Que ricas!!
Para xogar e divertirse facendo:
enlace recollido do blogue "o recanto de Mik" |
Podedes atopar outras propostas para traballar o Entroido na clase na seguinte ligazón:
Así foi, en imaxes, o noso entroido
25 de xan. de 2013
CONMEMORACIÓN
Fina Casalderrey, académica da RAG.
"A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!"
Así aparece a noticia no blogue da Rede Lectura da Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Dende a biblioteca do colexio de Xove queremos mandarlle os nosos parabéns.
Con motivo das moitas mensaxes de felicitación pola súa entrada na RAG, Fina Casalderrey enviou esta mensaxe de agradecemento:
"En momentos coma este é cando máis sinto ser tan... tan ?analóxica? e tan pouco ?dixital?, para ser quen de lles facer chegar o meu agradecemento a toda esa xente das bibliotecas escolares. Son as felicitacións que mellor me saben, as que me chegan directamente á pel da alma para me emocionar sen disimulos... Ben sei que non merezo eses aloumiños, pero esa chamada de atención festiva para ?espallar a nova? fai me sentir forzas para non defraudarvos, para tentar a seguir sendo útil dende onde me toque estar. Son, non podo esquecelo mestra de escola, unha mestra que escribe ( coma outras moitas e moitos) que grazas a moreas de bibliotecarios e bibliotecarias, de mestras e mestres, de libreiros, libreiras... que poñen os meus libros nas mans dos escolares, me chaman ?escritora?, algo co que nin soñei de nena...
Estou un chisquiño cansa estes días... pero tan reconfortada e agradecida!
Só podo enviarvos apertas infinitas
Fina"

COMO COMO
Despois de planificar o proxecto e da búsqueda de información, recursos e bibliografía, por fin poñemos en marcha este segundo trimestre o noso proxecto anual "Como como", no que todo o cole traballará a hábitos de alimentación, os hábitos saudables de hixiene, a actividade física e vida saudable, recetarios, menús...
Ademais teremos charlas sobre a alimentación ecolóxica e nutrición.
PROXECTO DE ALIMENTACIÓN by nazarethgarcia
Ademais teremos charlas sobre a alimentación ecolóxica e nutrición.
PROXECTO DE ALIMENTACIÓN by nazarethgarcia
11 de xan. de 2013
DÍA DA PAZ
O vindeiro día 30 de Xaneiro celébrase o día escolar pola Paz e a Non Violencia. Como vimos facendo con todas as conmemoracións dende que empezou este curso, queremos relacionalo co noso proxecto anual "Como como". Con tal motivo enlazámolo cun dos dereitos fundamentais dos nenos, o dereito á alimentación. Así, para o noso Día da Paz traballaremos "A comida no mundo" .
Para preparar e elaborar este proxecto, Flora xa andivo rebuscando polos andeis libros e outros recursos relacionados coa Paz, os valores, a alimentación no mundo...que xa están á vosa disposición na biblioteca. Atrevédevos a probar os diferentes sabores do mundo!

Imos deixar aquí tamén algúns links con información e recursos sobre o tema da paz:
Grazas aos compañeiros de orientación Andújar por esta selección de materiais e recursos
Este foi en imaxes o noso Día da Paz:
Ademáis aquí podedes ver como quedou no noso mapa do mundo o que os nen@s foron expoñendo sobre as comidas dos países que elexiron para este día:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)