Este mes de marzo está tendo lugar unha actividade que forma parte do proxecto da Biblioteca Escolar, en colaboración con bibliotecas doutros centros da Mariña pertencentes ao PLAMBE, e conta tamén coa participación doutras bibliotecas que non pertencen a dito proxecto.
Seguindo a liña do curso anterior ("Lembrando o pasado"), propúxoselle ás familias participar nunha actividade que leva por título "Unha primaveira de poemas: apadriña unha poesía". Terán que buscar un autor e un poema que lles guste, copiar a poesía e facer un pequeno traballo plástico ilustrando o poema, nun formato base que se lles será entregado no cole.
Esta actividade ten como obxectivo revalorizar a poesía como un pilar fundamental na formación de hábitos lectores e na aprendizaxe dos nen@s.
Con todos os traballos farase en abril unha exposición no propio centro. Durante o mes de maio terá lugar unha exposición conxunta na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario