31 de xan. de 2020

QUE SON AS LINGUAS INDÍXENAS?

Como vades?
O pasado 22 de xaneiro fixemos unha actividade sobre as linguas indíxenas. Canto aprendimos... !! Que importantes son as linguas!! Non só como método de comunicación, senón que son fundamentais para a identidade dun pobo, para a conservación da súa cultura e a súa visión do mundo.
Cada dúas semanas morre unha lingua indíxena; sendo Sudamérica e a África Subsahariana as zonas onde hai máis linguas indíxenas en perigo de extinción, debido, sobre todo, ao auxe duns poucos idiomas dominantes.
A protección dunha lingua pode salvala da súa desaparición; por iso, é tan importante que protexamos o galego, a nosa lingua propia. Con ela podemos facer ciencia, arte, cantar, debuxar e ter amigas e amigos! Todo o que queiramos!!! 
Cada curso traballou unha lingua indíxena e aprendestes estas cinco palabras:



Aquí están os vosos traballos:


5º Primaria


2º Primaria

1º Primaria

6º Primaria

3º Primaria

4º Infantil

5º Infantil

4º Primaria




20 de xan. de 2020

OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN

Boas rapazas e rapaces!!
Vístedes o taboleiro da Biblio?
Como puidestes ver, propóñovos un obradoiro de encadernación. Non vos gustaría facer os vosos propios libros?
Pois xa sabedes, pasade pola biblio para anotarvos.
Estareivos esperando!!

WASSILY KANDINSKY

Que tal?
Volvemos coa actividade "Artista do mes" e, como xa sabedes, en decembro estivemos traballando a Kandinsky, que xa sabedes que foi un pintor que naceu en Moscú en 1866 e que morreu na Illa de Francia en 1944. Está considerado como un dos iniciadores da  arte abstracta e é un dos pintores máis importantes do século XX.


Así é como nos quedou a exposición:


E estes son os cadros que preparamos en cada curso:




6º de E. Primaria

1º de E. Primaria

6º de E. Infantil

5º de E. Infantil

3º de E. Primaria

5º de E. Primaria

Que bonitos! 
Preparadas e preparados para o próximo artista? Que vai ser...  Paul Klee



CONCURSO

Boas rapaces e rapazas!!
Como xa vistes no taboleiro da Biblio, está convocado o II Concurso de ilustración. Déixovos aquí as bases.


O Día da Ilustración celébrase o 30 de xaneiro. E diredes: O mesmo día que a paz!!
Pois si, é o mesmo día; pero o que se conmemora é o nacemento de Castelao, que foi un grande debuxante, ademais de político (o pai do nacionalismo galego), escritor, debuxante e médico. Ademais, é un día para lembrar as persoas que se dedican á ilustración e cada ano homenaxéase a algunha autora ou autor de Galicia.