30 de mar. de 2022

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O día 2 de abril é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. O obxectivo dedste día é xerar conciencia en todas as persoas sobre este tema, ofrecendo información sobre como tratar, apoiar e mellorar as condicións das nenas e dos nenos, das adultas e adultos que son diagnosticad@s con este trastorno. 

Aquí vos deixo algúns vídeos de sensibilización para que podamos entender como ven o mundo estas persoas.



Tamén hai libros na Biblioflora que nos falan de persoas que ven o mundo doutra maneira. 

Bambú, el koala, da editorial SM, que nos fala dun koala especial, chamado Bambú, que non sabe ou non pode compartir sentimentos. Non é xordo, nin cego, nin mudo, pero cústalle moito relacionarse c@s demais. É moi listo e, ás veces, inténtao, pero... é tan difícil!


A nena do vestido de flores, da editorial Aira. Dania Vitoria é unha nena de once anos con dous ollos, dúas pernas, dous brazos, unha cabeza... o normal. Pero, quen quere ser normal? Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger. Asperger?Que palabra tan rara!! Dania ten unha grande imaxinación que lle permite vivir aventuras cada día.


Fálame, da editorial Kalandraka. É a historia de Sara, unha nena diferente. A súa irmá é quen nola presenta.









ARTES DE PESCA

 Como estadesss ????

Estes días o alumnado de 1º de E. Primaria e de 6ª de E. Infantil andan a coñecer todo sobre diferentes artes de pesca, dentro das actividades programadas no proxecto sobre o mar.






Moito aprenderon!!!!




29 de mar. de 2022

UN MAR DE POESÍA

 Olaaaa....

Temos a entrada chea de poesía! Que ben estades ilustrando as poesías do mar!!! Temos a Antonio García Teijeiro, con poemas do seu libro Poemar o mar; a María Canosa, dos libros Acuario e Acuario 2; a Martín Códax coa cantiga "Ondas do mar de Vigo"...







LENDO O MAR

 Como estades??

Hoxe quero ensinarvos un libro que teño na biblioteca e que me encanta: O mar na cociña, de Harkaitz Cano, na editorial McMillan.


Cóntanos a historia de Xurxo, un neno ao que lle gusta tanto mergullarse en busca de peixes e polbos, que lle chega a cociña para facelo. E como o fai?? Pois moi fácil: non ten máis que coller a súa caixa de rotuladores e debuxar na parede azul da cociña  peixes e polbos e encher o chan de cunchas e estrelas de mar...  E, logo, poñer as lentes de mergullo, e... a somerxerse na auga. A súa nai enoxábase moito e non sabía que facer. Ao final, mercou un quitamanchas hipermoderno e limpou a cociña. Que se lle ocorrerá agora a Xurxo?




VIAXANDO, VIAXANDO...

 Xa vai rematando a viaxe das mochilas. Esta semana... foron á casa de ...



21 de mar. de 2022

FACENDO EXPERIMENTOS


 Como ides???

Hoxe déixovos aquí o experimento que desenvolveron as nenas e os nenos de 4º de E. Primaria. Que ben o fixeron!! Espero que desfrutedes e... podedes intentalo na casa. Ánimo!!!

DÍA DA POESÍA

 Olaaaa, olaaaa, caracola !!!

Hoxe, día 21 de marzo, celebramos o Día da poesía. A Biblioflora, dentro do proxecto sobre o MAR, quixo celebralo con poemas que nos falaran del. Ao longo desta semana, iranse publicando todos estes poemas ilustrados que xa sei que estades facendo. Ademais, podedes vir á biblioteca para levar poesía para as vosas casas.



VIAXAMOS

 Esta semana  as mochilas foron á casa de...


11 de mar. de 2022

MALETA DE BANDA DESEÑADA

Como ides?????
Xa temos unha nova maleta na biblioteca!!!
A Maleta de Banda Deseñada. Xa podedes desfrutar dela na Biblioflora.










VIAXAMOS A...

Como estades????

Esta semana as mochilas viaxan ás casas de...


 

TOD@S XOGAMOS COA LECTURA

 Boasss...

As nenas e nenos de 2º de E. Primaria estiveron desfrutando coa maleta "Lectura e Diversidade" que chegou a biblioteca. Aquí @s tedes.







9 de mar. de 2022

8 DE MARZO

 Olaaaaa... !!!!

Polo Día da muller, estivestes traballando de diferentes maneiras. Cada curso á súa maneira. 







E aquí tedes o traballo das nenas e dos nenos de 2º. sobre mulleres que traballaron e traballaron no mar e que non saen nos libros de texto.


















8 de mar. de 2022

LECTURAS COA IGUALDADE

 Como ides?????

Hoxe tráiovos uns libros para que desfrutedes este día.

El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa, de Patricia Fitti, da Editorial Destino.


Cóntanos a historia de Celestino, un neno ao que lle regalan avións azuis, durme nunha cama azul e xoga ao fútbol con pelotas azuis. Todo o mundo lle di que é o máis azul de todos os nenos e que se casrá coa máis rosa de todas as nenas. Pero... e se el non quere só un mundo azul e a princesa dos seus soños non é rosa?

Vanesa non quere ser princesa , de Xosé Antonio Perozo, da Editorial Sotelo Blanco.



Cóntanos a historia de, Vanesa, unha nena que, cando naceu, a súa nai chamou ás fada para pedirlles un desexo: quería que Vanesa fose unha fermosa princesa; pero unha fada vella apareceu pola cheminea e dixo que Vanesa sería o que quixese ser.

Rachel Carlson y el libro que cambió el mundo, de Laurie Lawlor, da Editorial Errata Naturae.

                                                   

Unha biografía ilustrada dunha das científicas máis importantes da historia. A Rachel, o que máis lle gustaba era pasear polos arredores da súa casa. Dérase conta de que a natureza é un mundo apasionante e cheo de aventuras. E non o esqueceu e dedicou a súa vida a preservar ese tesouro que temos ao alcance da nosa man. Foi unha das primeiras mulleres que buceou a través de arrecifes de coral e que subiu a un hidrodeslizador para perseguir a uns caimáns.

Ceninienta liberada, de Rebecca Solnit, da Editorial Lumen.


A inxeniosa Cincenta coñece á súa fada madriña, vai ao baile e relaciónase cun príncipe, pero aí remata a historia que xa coñecemos: en realidade, os zapatos de cristal non resultan demasiado cómodos, a beleza non dá a felicidade e a protagonista fártase de que a traten mal.

A nena lectora, de Manuel Rivas, da Editorial Xerais.


Conta a vida dunha moza chamada Amparo á que ás súas compañeiras lle pagan para que lles lea novelas mentres elas elaboran os cigarros. A protagonista, Nonó, soña con que ese fose o seu oficio.

 african- meninas. Liderazgo Femenino en el Continente Africano, da Wanafrica Ediciones.


Conta a historia de 30 mulleres africanas que marcaron a historia do continente.