27 de xan. de 2021

DISFRUTEMOS COA PAZ

Saudiños para tod@s:

Aquí vos deixo algunha curta e esta canción tan bonita de Magín (que case tod@s coñecemos), para que pasedes un ratiño e reflexionedes sobre o día que se celebra esta semana: 30 de Xaneiro

Todos somos capitáns, de Magín Blanco

Feroz y Maullín


El puente, que nos ensina o importante que é resolver os conflitos para que o mundo sexa mellor.


A curta de Disney, Uno por uno, un canto á vida para @s nen@s que viven en países en guerra, nos que xogar parece tan difícil... Cunha música preciosa!!



Que nos poden contar @s nen@s sobre a  PAZ? Tamén podedes pensalo vós...


 

25 de xan. de 2021

LIBROS SOBRE A PAZ

 Que tal?

Como me gustan tanto os libros, tiña ganas de ensinarvos algún dos que hai na Biblio e que nos falan da PAZ, esa palabra tan bonita. e tan curtiña, pero que ten un significado tan grande e que ten que estar sempre nas nosas vidas.



Pero vou contarvos cousiñas dalgún deles...


Del lado bueno, de  Marido Viale, da Editorial Kókinos, que nos fala dun muro, que separaba dous países e que sempre estivera alí; dende fai tanto tempo, que ninguén o recoradaba. @s do lado bon pensaban que @s outr@s eran @s mal@s; @s do lado contrario, pasáballes o mesmo. Ata que un neno atopou un burato no muro e cambioua vida de tod@s para sempre.

Unha manchea de bicos, de Antonia Rodenas, da Editorial Xerais. Este libro encántame e cóntanos que Kati ten unha caixiña chea de bicos e sempre leva algún para o cole para regalarllo a alguén que está triste, ou enfadad@...

La torre de la paz, de Maksim Bogdanovich, da Editorial Thule. Que pasaría cunha torre de cristal de roca, construída para deter guerras e discordias, por encargo da filla do soberano da Illa dos Catro Ventos? O soberano era sabio e poderoso e conseguira domnar todos os pobos a través da guerra.

10 cuentos 10 sonrisas, de VV. AA., da Editorial Beascoa. É un libro que conmemora o décimo aniversario da ONG Sonrisas de Bombay, que traballa nos barrios máis pobres desa cidade. "Érase una vez, en una ciudad muy lejana, un sueño teñido con la esperanza de un mundo mejor...". 

Por que?, de Nikolai Popov, da Editorial Kalandraka. Un libro sen texto, no que o autor nos quere transmitir a mensaxe de que, se as nenas e os nenos poden entender a insensatez da guerra, de que é moi fácil caer nun ciclo de violencia,, pode ser que se convertan en impulsor@s da paz.

El árbol de la amistad, de Britta Teckentrup, da Editorial Bruño, no que imos descubrir que a amizade é como unha árbore máxica e preciosa, que só medra se se rega con cariño; que as palabras feas que nos dicimos cando estamos enfadad@s ou rabios@s abren fendas cada vez máis grandes entre nós.


Por qué vivimos en las afueras de la ciudad, de Peter Stamm, de Tandem Edicions. Unha vez a familia vive no sombreiro do tío, na azotea da igresia ou na Lúa, outra vez na neve, no cine, no bosque... O importante é atopar un lugar onde tod@s sexamos felices.


Seis hombres, de Davis McKee, da Editorial Libros del Zorro Rojo. Un libro para reflexionar sobre o por que da guerra. "Érase una vez seis hombres que viajaban por el mindo buscando un lugar donde poder vivir y trabajar en paz".


A guerra dos números, de Juan Darién, da Editorial OQO. Utilizando as operacións matemáticas da suma e da resta, o autor quere achegarnos á loucura das guerras orixinadas pola errónea interpretación de que todo o que é diferente supón unha ameaza e que coñecer @s outr@s engrandece; nin resta nin suma.


El iglú, de Jesús López Moya, da Editorial Bookolia. É un libro no que se fai unha chamada á solidariedade nun mundo acostumado á indiferencia. A aparición dun estraño iglú altera a vida dunha pequena vila e as preguntas comezan a sucederse.


¡Abajo los muros!, de Éric Battut, da Editorial Blume. Cóntanos a historia de dous irmáns. que, ao morrer o seu pai, reparten o reino mandando construir dous sólidos muros. Pero @s nen@s, non aceptan que @s familiares queden dividid@s...










DÍA DA PAZ

 OLA, OLA, OLAAAAAA!!

Supoño que xa vos chegaría a carta coa proposta para traballar este mes, no que se celebra o Día da Paz. Imos investigar como son as escolas das nenas e dos nenos de diferentes países. 

Para que podamos coñecer distintas realidades, temos que facer que haxa escolas de diferentes continentes, para ver como é o seu sistema educativo, o seu horario, cando comeza e remata o cole, como é a súa escola, etc..

Cando rematedes, faremos unha exposición na entrada do cole, para que tod@s podamos desfrutar dos traballos de cada curso.

Así que... Poñédevos a traballar!!!!

11 de xan. de 2021

PROTOCOLO BIBLIO

BOASSSSSS!!!

Que tal as vacacións? Supoño que coma as de todos. Eu estiven traballando par poder abrir a biblio este trimestre e poder vervos a todas e a todos. Xa sabedes que hai que seguir un protocolo, así que aquí o tedes. 

Espero vervos moito por aquí !!