Olaaa!!!
Xa vai rematando o curso e as mochilas viaxeiras tamén rematan a súa viaxe. Aquí tedes @s compañeir@s que a tiveron na casa estes días. Espero que desfrutaran moito das súas lecturas.
Olaaa!!!
Xa vai rematando o curso e as mochilas viaxeiras tamén rematan a súa viaxe. Aquí tedes @s compañeir@s que a tiveron na casa estes días. Espero que desfrutaran moito das súas lecturas.
OLAAAA!!!
Hoxe quero ensinarvos un libro que atopei poa Biblioflora, Lección de pesca, de Heinrich Böll, da editorial Dibbuks.
Como ides?
Contarvos que o venres, día 13, clausurouse a exposición conxunta da Microrrede da Mariña. Actuaron o coro do CEIP de Celeiro e o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro.
Aquí tededs unha das actuacións.
Ola rapazada!!!!
O xoves, na exposición foi a quenda do CEP Lois Tobío que nos prepararon unha sesión de contacontos, a cargo da mestra Rebeca Palmeiro e un conto musicado, "Nica, a canica", interpretado pol@s nen@s de 1º de Primaria.
Estivo xenial!!
Que tal???
Olaaaa !!!
O martes, 10 de maio, \@s nen@s de 1º de E. Primaria do CEIP de Covas representaron "Non é unha caixa", obra coa que nos querían demostrar que a imaxinación é o xoguete máis importante.
Fixérono xenial!!!!!
Aquí tedes o vídeo. Disfrutade!!!!
Como ides?
Hoxe ensínovos un libro moi bonito que acabamos de mercar para a biblio: A mar, amar, de Xosé Luna Sanmartín e da editorial Bolanda.
Olaaaa rapazada!!!
Onte inaugurouse a exposición da Microrrede da Mariña, coa participación do xornalista, escritor e contador de historias Pablo J. Rañales, que presentou o seu libro Siervos de tinta, e a actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Como ides????
Teño novos experimentos que @s nen@s de 3º de Primaria nos queren ensinar. Fixeron o mesmo experimento e... non queredes ver o que lles pasou? Terían tod@s o mesmo resultado? .
Olaaa !!!!
Que pouco nos queda de curso !!! Foi pasando o tempo e xa estamos en maio !! O mes das letras.
Xa tedes unha entrada na que podedes atopar actividades para coñecer a figura de Florencio Delgado Gurriarán. E agora, déixovos a carta para este mes.
Como ides???
Queda moi pouco para que se inaugure a exposición da Microrrede (na que estamos moitas das bibliotecas do PLAMBE), que este curso é "A volta coas palabras" e na que poderedes coñecer os traballos desenvolvidos polas distintas bibliotecas.
Aquí tedes o cartel, deseñado poo Izan Fra Fernández, alumno de 2º de Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo.
Cada colexio presenta un cadro con códigos QR , que nos dirixen a esas actividades.
A exposición é na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro e desenvolverase durante a semana do 9 ao 13 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas. O luns xa arranca cun faladoiro co xornalista, escritor e contador de historias Pablo J. Rañales e a presentación do seu libro "Siervos de tinta" e coa actuación musical de Amigos do folk", grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Aquí tedes o programa desta semana de exposición:
A nosa aportación a esta exposición é este cadro, relacionado co PDI desenvolvido este curso, O Mar que nos fala, e no que aparecen QR que nos levan a recitados de poemas sobre o mar e aos oficios mariñeiros.
Tedes aquí os diferentes traballos:
- para os poemas
- para os oficios
CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DE RIVEIRA (6º de Primaria)
MARIÑEIRAS E MARIÑEIROS ( 4º de infantil)
PATROAS E PATRÓNS (3º de Primaria)
REDEIRAS E REDEIROS (6º de infantil)
FAREIRAS E FAREIROS (2º de Primaria)
PERCEBEIRAS E PERCEBEIROS (5º de Primaria)
RULEIRAS E RULEIROS (4º de Primaria)
PEIXEIRAS E PEIXEIROS (5º de infantil)
- para animais en perigo de extinción: