Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

1 de mar. de 2024

UN ENTROIDO DE CINE

 Como ides???

Tivemos un Entroido de cine!! Cada curso ou ciclo foi disfrazado representando unha película. Aquí tedes!!

O alumnado de 3º e 4º de Primaria, que foron da película Wonka

O alumnado de Infantil foi da película Os Minions
 


 
O alumnado de 1º de Primaria foi de Os Dálmatas
 
 
O alumnado de 5º de Primaria foi de A familia Adams
 

 
O alumnado de 2º de Primaria foi de O Mago de Oz

Que ben o pasamos!!! Saímos por Xove, a facer un recorrido. E menos mal que a chuvia aguantou !! 




8 de mar. de 2022

O ENTROIDO DO MAR

 Como estadesss ... ?

Que ben o pasei no Entroido ! E como traballastes!  Íades tod@s xeniais !! Era un mar de Entroido.





26 de feb. de 2021

O NOSO ENTROIDO

 BOASSS 111

Canto aprenderon @s nen@s de 4º de Infantil sobre o entroido de Viana do Bolo !! Clicade no enlace e estade atent@s a todo o que nos contan. Xa veredes cantas cousas imos aprender...

https://drive.google.com/file/d/1kvNmHFf4zLrCnA_Z4dXULmJkTvZwFsQN/view?usp=sharing

18 de feb. de 2021

ENTROIDO


 OLAAAA !!!!

Canto traballastes e que ben quedou a exposición que fixestes sobre o Entroido galego !!!!

ENCÁÁÁÁNTAME....

Déixovos aquí as fotos.




Mirade a Pantalla de Xinzo de Limia, pensando en todo o que ten que aguantar, xa que alí o Entroido dura cinco semanas...



Aquí o Peliqueiro de Laza, que din que é o Entroido máis "enxebre" de Galiza...
                                                                                        

                                       


A Madama do Entroido de Cobres en Vilaboa, considerado o Entroido máis elegante...






Velaí vén o Oso de Salcedo, despois de estar pechado todo o inverno...



E o volante de Chantada, do Entroido Ribeirao?



O boteiro de Viana do Bolo, que vén asustarnos coa súa máscara negra...


E xa chega o Xeneral do Deza e do Ulla, que quer burlarse da guerra...


E o Cigarrón de Verín, que leva 25 Kg de peso enriba...



O vergalleiro de Sarreaus, co seu corno para poñer música á festa...




Aquí remata a festa, pero déixovos un mapa de Galicia onde podedes ver onde se localizan estas personaxes do Entroido. Aínda que hai moitas máis...






















3 de abr. de 2014

CHEGOU O ENTROIDO!

A última semana do mes de febreiro festexamos o entroido no noso colexio. Comezamos a semana coas instruccións do Meco: o luns levamos un pano no pescozo, o martes un sombreiro na cabeza, o mércores unha flor e o xoves unha luva na man esquerda.
Para rematar a semana, o venres realizamos o desfile e baile de entroido no noso ximnasio.. Como este ano estamos co proxecto de "Planto plantas", espantallos, xardiñeiros, vendedores de froita e verdura, froitas, agricultores e consumidores primarios, foron os disfraces elexidos para este día.
Pasamos unha tarde do máis divertida!



14 de feb. de 2012

entroido

Recompilación de actividades do entroido
Esta páxina foi elaborada pola Biblioteca de Milladoiro-Malpica