O MAR QUE NOS FALA

18 de feb. de 2021

ENTROIDO


 OLAAAA !!!!

Canto traballastes e que ben quedou a exposición que fixestes sobre o Entroido galego !!!!

ENCÁÁÁÁNTAME....

Déixovos aquí as fotos.




Mirade a Pantalla de Xinzo de Limia, pensando en todo o que ten que aguantar, xa que alí o Entroido dura cinco semanas...



Aquí o Peliqueiro de Laza, que din que é o Entroido máis "enxebre" de Galiza...
                                                                                        

                                       


A Madama do Entroido de Cobres en Vilaboa, considerado o Entroido máis elegante...






Velaí vén o Oso de Salcedo, despois de estar pechado todo o inverno...



E o volante de Chantada, do Entroido Ribeirao?



O boteiro de Viana do Bolo, que vén asustarnos coa súa máscara negra...


E xa chega o Xeneral do Deza e do Ulla, que quer burlarse da guerra...


E o Cigarrón de Verín, que leva 25 Kg de peso enriba...



O vergalleiro de Sarreaus, co seu corno para poñer música á festa...




Aquí remata a festa, pero déixovos un mapa de Galicia onde podedes ver onde se localizan estas personaxes do Entroido. Aínda que hai moitas máis...






















Ningún comentario:

Publicar un comentario