19 de feb. de 2021

 OLAAA OUTRA VEZ  !!!

Remata o Entroido e achégasenos unha data moi importante para nós: o Día de Rosalía, o 24 de febreiro, data que lembra o aniversario do seu nacemento. Xa estamos preparando os nosos traballos que nos han valer para coñecela un pouquiño máis.

Déixovos aquí un pouquiño da súa poesía...

Pasan naquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa;
tantos milagres vellos,
tan novas insinanzas,
e tan revoltos allos
con nome de ensaladas,
que non che digo nada...
Pero, ¡vaia!
Rosalía de Castro. Cantares Gallegos

E para disfrutar coa música... a canción de Uxía que tanto nos gusta.













Ningún comentario:

Publicar un comentario