21 de feb. de 2021

Como vades?

Como xa vos dixen, Rosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da nosa terra.. para coñecer a súa vida, o Colexio San Pío X de Ourense decidiu dobrar o vídeo orixinal en castelán de "TikTak Draw", co permiso dos seus ilustradores, para poder divulgar pola rede na nosa lingua algúns os datos máis importantes da súa vida. Para iso, contaron tamén coa xenerosa axuda da Fundación Rosalía de Castro e membros dos Equipos de Dinamización Lingüística de Galicia.

Aquí volo deixo...



Ningún comentario:

Publicar un comentario