18 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS



OLAAAA, RAPAZADA!!!!!

Mirade que ferramenta máis alucinante!!!  Trátase de Google Arts & Culture, coa que podemos acceder aos principais museos e galerías de todo o mundo. Pódese facer de diferentes maneiras: polo nome de museo, pola súa ubicación no mapa, pola orde alfabética, pol@ artista... Espero que vos guste e... a viaxar!!!

Disfruta de museos de todo el mundo sin salir de casa con Google ...

17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Que día máis bo!!!
Que pena que teña que estar  aquí pechada, sen todas e todos vós!!!
Pero teño moitas ganas de vervos e, para sentir que estamos xunt@s, mándovos unha canción moi bonita que compuxo Uxía: un valse primaveral sobre un fragmento dun poema de Ricardo Carvalho Calero recollido no seu libro Reticências. Espero que vos guste e... POÑÉDEVOS A BAILAR!!


                                       


Tamén vos deixo un Trivial sobre Ricardo Carvalho Calero, que elaboraron no CEIP Torrente Ballester de Sigrás.

              
https://entrecatroparedes.blogspot.com/2020/05/calerotrivial-xogar.html






16 de maio de 2020

MÁIS E MÁIS...

Como vades amiguiñas e amiguiños?
Deixo aquí máis palabras que seguides mandando!






















15 de maio de 2020

SEGUEN,SEGUEN...

Boas, boas, boas!!!

Máis palabras !!! Estou encantada con tanta palabra bonita!!












14 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO


OLA,OLA!!!

Vaise achegando o Día das Letras Galegas... E hai moito material sobre o autor homenaxeado. Aquí vos deixo uns enlaces que me mandou o Equipo de Dinamización Lingüística para que aprendades moitas cousas sobre el. Ademais, tamén hai convocatorias para concursos. Premede nas imaxes.

Os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020.

Mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020

Unha pequena biografía e as actividades dos diferentes centros educativos.

??? imaxe[1]/titulo ???

Unha colección de 24 caricaturas debuxadas por Siro para representar as diferentes etapas da vida do autor.

Serie de caricaturas de Carvalho Calero elaboradas por Siro

O proxecto As pitas baixo a choiva da Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica.

Liberado 'As pitas baixo a choiva', tributo a Carvalho Calero ...

Os Bolechas achégannos á figura de Ricardo Carvalho Calero e da súa obra Scórpio, na colección As miñas primeiras Letra Galegas.

 Os Bolechas. Carvalho Calero

O libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as actividades de educación infantil e primaria, tarefas interactivas para realizar en liña, adaptadas para alumnado con NEAE, biografías, carteis, e ata un álbum biográfico.


Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de fomentar a creatividade literaria en galego. Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel carballo centenario...”

 IX Certame de Relatos Breves Feiraco

Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas. O prazo de presentación remata o 31 de maio. 

 I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020


SEGUEN, SEGUEN...



QUE TAL VADES?

Seguen e seguen as vosas palabras ...