13 de maio de 2024

A MARIÑA HOMENAXEA A IBÁÑEZ

 Como ides????

Aínda non pasastes pola exposición da Microrrede? Pois logo remata. 

O martes tivo lugar a inauguración, na que actuou o coro do CEP Lois Tobío, de Viveiro, e se desenvolveu un obradoiro de banda deseñada a cargo de Uxía Larrosa, deseñadora gráfica, debuxante e guionista de cómics.



O mércores desenvolveuse outro obradoiro creativo a cargo de Brais Fierro Fuentes, debuxante de BD.

O xoves houbo unha lecturas compartidas a cargo do alumnado do IES Vilar Ponte, de Viveiro.





O venres tivo lugar a clausura, cun obradoiro de Abraham Carreiro, ilustrador, humorista gráfico, director da revista O Papagaio, caricaturista e debuxante. Ademais, actuou a Coral Polifónica Alborada de Viveiro, xunto co coro do CEIP de Celeiro.

 


Déixovos aquí fotos da exposición, cos traballos dos colexios integrantes da Microrrede da Mariña.








Estes son os carteis que se presentaron ao concurso proposto para a actividade deste ano.





10 de maio de 2024

MÁIS DE LUÍSA VILLALTA

 Como ides??

Xa se achega o día das nosas letras. A proposta da Biblioflora, xunto coa do Equipo de Dinamización Lingüística é facer unha línea do tempo da súa biografía e facer un mural cos violíns debuxados por cada nena e neno, no que irá escrita unha palabra do imaxinario da autora.

Aquí tedes máis material para seguir coñecendo a Luísa Villalta.

As palabras

 
A vida 


Canción
 

 
Poesía



 

 

 



9 de maio de 2024

2 DE MAIO

 Ola, Olaaaaa!!!

O pasado, xoves, día 2 de maio celebrouse o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Dende Biblioflora e o Departamento de Orientación fíxose unha selección de libros e vídeos para poder traballar nas titorías sobre este tema.



Dous libros que tratan o acoso para idades diferentes. O de Uma é para nen@s a partir de 6 anos e o de Nicolás está enfocado a lector@s de máis de 8 anos.


Un libro que trata o acoso dun neno dende o luns ao venres e que espera a fin de semana para poñerse a salvo.


Conta a historia dunha nena que se muda coa súa familia da cidade á aldea. Na escola sofre as burlas d@s compañeir@s polo seu aspecto e por ser máis intelixente. Para superar todos os atrancos da realif¡dade, imaxina unha amiga invisible.


 Un libro sobre a amizade, o respecto e a importancia de tratarnos ben.

Un libro en verso a favor da tolerancia e en contra dos prexuízos.

Cóntanos a historia dunha nena sen nome que, farta de insultos, empuxóns  e illamento social, fuxe da escola para non volver nunca máis.


 Un libro que nos fai ver a importancia da empatía.

Unha historia divertida na que Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal.

Para seguir profundizando no tema, tedes aquí algúns vídeos.

Infantil, 1º e 2º de Primaria:


3º, 4º, 5º e 6º de Primaria : 



 





 

7 de maio de 2024

A MARIÑA HOMENAXEA A IBÁÑEZ

Como ides??

Esta semana temos unha actividade da Microrrede en Viveiro. Aquí tedes a invitación e o programa.

 

 

 

E aquí tedes a nosa aportación á exposición: o noso piso de 24, Rúa do Percebe, dedicado ao cine.

    ESPERÁMOSVOS!!!!


23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 Ola, rapazada!!

O día 23 de abril celébrouse o Día do libro en toda España. No noso cole celebrámolo o día 29 coa actividade "Apadriñamento lector". O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recolleu ao alumnado dos cursos máis baixos e xunt@s foron á Praza do concello para desenvolver a actividade.

Aquí tedes unha mostra:





 
Ademais,  o día 23, cada curso recibíu un regalo da Biblioflora: un libro sorpresa para ler ese día.