13 de maio de 2024

A MARIÑA HOMENAXEA A IBÁÑEZ

 Como ides????

Aínda non pasastes pola exposición da Microrrede? Pois logo remata. 

O martes tivo lugar a inauguración, na que actuou o coro do CEP Lois Tobío, de Viveiro, e se desenvolveu un obradoiro de banda deseñada a cargo de Uxía Larrosa, deseñadora gráfica, debuxante e guionista de cómics.



O mércores desenvolveuse outro obradoiro creativo a cargo de Brais Fierro Fuentes, debuxante de BD.

O xoves houbo unha lecturas compartidas a cargo do alumnado do IES Vilar Ponte, de Viveiro.





O venres tivo lugar a clausura, cun obradoiro de Abraham Carreiro, ilustrador, humorista gráfico, director da revista O Papagaio, caricaturista e debuxante. Ademais, actuou a Coral Polifónica Alborada de Viveiro, xunto co coro do CEIP de Celeiro.

 


Déixovos aquí fotos da exposición, cos traballos dos colexios integrantes da Microrrede da Mariña.








Estes son os carteis que se presentaron ao concurso proposto para a actividade deste ano.





Ningún comentario:

Publicar un comentario