Amosando publicacións coa etiqueta microrrede. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta microrrede. Amosar todas as publicacións

13 de maio de 2024

A MARIÑA HOMENAXEA A IBÁÑEZ

 Como ides????

Aínda non pasastes pola exposición da Microrrede? Pois logo remata. 

O martes tivo lugar a inauguración, na que actuou o coro do CEP Lois Tobío, de Viveiro, e se desenvolveu un obradoiro de banda deseñada a cargo de Uxía Larrosa, deseñadora gráfica, debuxante e guionista de cómics.



O mércores desenvolveuse outro obradoiro creativo a cargo de Brais Fierro Fuentes, debuxante de BD.

O xoves houbo unha lecturas compartidas a cargo do alumnado do IES Vilar Ponte, de Viveiro.





O venres tivo lugar a clausura, cun obradoiro de Abraham Carreiro, ilustrador, humorista gráfico, director da revista O Papagaio, caricaturista e debuxante. Ademais, actuou a Coral Polifónica Alborada de Viveiro, xunto co coro do CEIP de Celeiro.

 


Déixovos aquí fotos da exposición, cos traballos dos colexios integrantes da Microrrede da Mariña.








Estes son os carteis que se presentaron ao concurso proposto para a actividade deste ano.





7 de maio de 2024

A MARIÑA HOMENAXEA A IBÁÑEZ

Como ides??

Esta semana temos unha actividade da Microrrede en Viveiro. Aquí tedes a invitación e o programa.

 

 

 

E aquí tedes a nosa aportación á exposición: o noso piso de 24, Rúa do Percebe, dedicado ao cine.

    ESPERÁMOSVOS!!!!


12 de maio de 2023

EXPOSICIÓN DA MICRORREDE


 Que tal???

Onte, xoves, rematou a exposición"EscribirArte da Mariña"  organizada pola Microrrede da Mariña.

Na xornada do mércores, o alumnado do EEI de San Roque ofreceu unha actuación de monicreques do conto Cocorico.

 
O xoves, pola mañá tamén houbo unha actuación, no teatro Pastor Díaz, do alumnad de 2º da ESO do IES de ALfoz-Valadouro. E, pola tarde, tivo lugar a xornada de clausura, coa actuación do Cuarteto de cámara de clarinete da Escola de Música de Viveiro.
 

 
Remataron así uns días nos que as bibliotecas PLAMBE da Mariña foron protagonistas !!!

10 de maio de 2023

SEGUIMOS ESCRIBINDOARTE

 Que tal?????

Onte continuou a exposición "EscribirArte da Mariña", coa actuación do coro do CEP Lois Tobío.

 

Foi un éxito total!!!!

9 de maio de 2023

ESCRIBIRARTE NA MARIÑA

 Como ides, rapazada???

Onte, luns, inauguramos a exposición "EscribirArte na Mariña", contando coa presenza d@s coordinador@s das bibliotecas e con diferentes autoridades, ademais de compañeir@s dos centros de ensino e na que puidemos coñecer os traballos elaborados polo alumnado de ditos centros.


 

Nesta primeira xornada contamos con Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense que falou da súa última obra de banda deseñada "VIVEIRO 1810, AUGAS MORTAIS" e que nos presentou o seu próximo traballo. Tivemos tamén a actuación musical de "Amigos do folk", grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.



Esperámosvos!!!



.

5 de maio de 2023

ESCRIBIRARTE NA MARIÑA

 Ola, rapazada! Como ides?

Teño que facervos un anuncio! O próximo luns, día 8, inauguramos a exposición da Microrrede da Mariña, na que participan un montón de bibliotecas PLAMBE da nosa comarca.


 Clicando no cartel podedes acceder ao programa da exposición, que terá lugar do 8 ao 11 de maio, na Sala do Concello de Viveiro.

Esperámosvos alí!!!



19 de maio de 2022

REMATANDO A EXPOSICIÓN

 Como ides?

Contarvos que o venres, día 13, clausurouse a exposición conxunta da Microrrede da Mariña. Actuaron o coro do CEIP de Celeiro e o Grupo de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro. 

Aquí tededs unha das actuacións.


Pois ata o curso que vén!!! E espero que desfrutemos de actividades coma as destes días!!!!


18 de maio de 2022

4º XORNADA DE "A VOLTA COAS PALABRAS"

 Ola rapazada!!!!

O xoves, na exposición foi a quenda do CEP Lois Tobío que nos prepararon unha sesión de contacontos, a cargo da mestra Rebeca Palmeiro e un conto musicado, "Nica, a canica", interpretado pol@s nen@s de 1º de Primaria.

Estivo xenial!!



12 de maio de 2022

3ª XORNADA DA EXPOSICIÓN DA MICRORREDE

 Que tal???

Onte, mércores, foi a quenda do IES María Sarmiento, que nos presentou "O Diario do Sarmiento", a radio contra o acoso escolar e que forma parte do Proxecto AMIGO, que ten como obxectivo axudar a todas as persoas que necesiten axuda e facerlles sentirse acompañadas.

  Preme na imaxe para ver o vídeo.







2ª XORNADA DA EXPOSICIÓN "A VOLTA COAS PALABRAS"

 Olaaaa !!!

O martes, 10 de maio, \@s nen@s de 1º de E. Primaria do CEIP de Covas representaron "Non é unha caixa", obra coa que nos querían demostrar que a imaxinación é o xoguete máis importante.

Fixérono xenial!!!!!

Aquí tedes o vídeo. Disfrutade!!!! 



10 de maio de 2022

A VOLTA COAS PALABRAS

 Olaaaa rapazada!!!

Onte inaugurouse a exposición da Microrrede da Mariña, coa participación do xornalista, escritor e contador de historias Pablo J. Rañales, que presentou  o seu libro Siervos de tinta, e a actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. 





Animádevos a visitala e a participar nas actividades!!!!!



1 de maio de 2022

O MAR QUE NOS FALA: POEMAS E OFICIOS

 Como ides???

Queda moi pouco para que se inaugure a exposición da Microrrede (na que estamos moitas das bibliotecas do PLAMBE), que este curso é "A volta coas palabras" e na que poderedes coñecer os traballos desenvolvidos polas distintas bibliotecas. 

Aquí tedes o cartel, deseñado poo Izan Fra Fernández, alumno de 2º de Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo.

Cada colexio presenta un cadro con códigos QR , que nos dirixen a esas actividades. 

A exposición é na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro e desenvolverase durante a semana do 9 ao 13 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas. O luns xa arranca cun faladoiro co xornalista,  escritor e contador de historias Pablo J. Rañales e a presentación do seu libro "Siervos de tinta"  e coa actuación musical de Amigos do folk", grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro

Aquí tedes o programa desta semana de exposición:

A nosa aportación a esta exposición é este cadro, relacionado co PDI desenvolvido este curso, O Mar que nos fala, e no que aparecen QR que nos levan a recitados de poemas sobre o mar e aos oficios mariñeiros. 

Tedes aquí os diferentes traballos:

- para os poemas

POEMAS DE 4º DE INFANTIL                                               

POEMAS DE 5º DE INFANTIL

POEMAS DE 6º DE INFANTIL                                               

POEMAS DE 1º DE PRIMARIA

POEMAS DE 2º DE PRIMARIA                                             

POEMAS DE 2º DE PRIMARIA

POEMAS DE 3º DE PRIMARIA                                             

POEMAS DE 4º DE PRIMARIA

POEMAS DE 5º DE PRIMARIA   

POEMAS DE 5º DE PRIMARIA                                           

POEMAS DE 6º DE PRIMARIA

POEMAS DE 6º DE PRIMARIA                                              

POEMAS DE 6º DE PRIMARIA

- para os oficios

CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DE RIVEIRA (6º de Primaria)

MARIÑEIRAS E MARIÑEIROS ( 4º de infantil)

PATROAS E PATRÓNS (3º de Primaria)

REDEIRAS E REDEIROS (6º de infantil)

FAREIRAS E FAREIROS (2º de Primaria)

MARISCADORAS (1º de Primaria)

PERCEBEIRAS E PERCEBEIROS (5º de Primaria)  

RULEIRAS E RULEIROS (4º de Primaria)

PEIXEIRAS E PEIXEIROS (5º de infantil)

- para animais en perigo de extinción:

5º DE INFANTIL

  

9 de xuño de 2021

XEOGRAFÍAS LECTORAS

 OLAAA...

Como xa vos dixen, este curso non puidemos facer a exposición da Microrrede. Aínda así, todos os centros da Microrrede da Mariña estiveron traballando: uns con proxectos, outros con diferentes actividades... Todas e todos poñendo o noso grau de area para achegar as bibliotecas escolares a todas as comunidades educativas.

Aquí vos deixo o resume das nosas actividades e recordade que no enlace da microrrede que tedes máis abaixo podedes acceder a todos eses traballos. Disfrutade deles !!






3 de xuño de 2021

A MICRORREDE DA MARIÑA

 OLA, OLAAAA!!!!

Xa sabedes que formamos parte da Microrrede da Mariña de centros PLAMBE. 


Non sei se recordades que, polo mes de maio, organizábamos unha Exposición conxunta en Viveiro, na que mostrábamos os traballos colaborativos do alumnado e das súas familias, de cada centro. Nesta curso, debido á COVID-19, a exposición será virtual, pero conxunta.
O cartel anunciador da actividade foi elaborado por unha alumna do IES Perdouro de Burela, Lidiana de Pina Sanches, de 3º ESO, e maquetada por Karina Parga, profesora e responsable da biblioteca do mesmo IES.
Aquí o tedes:


Déixovos a ligazón a unha presentación que achega o CEIP de Celeiro, coa que poderedes coñecer os Proxectos de traballo de todos os centros participantes na Microrrede.


Moitas grazas a todas e a todos !!!







29 de abr. de 2020

A MICORREDE QUEDA NA CASA

OLA, OLA!!!

Pois claro!! Este ano a Micorrede da Mariña queda na casa, como non pode ser doutra maneira.
O tema deste curso era Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo. Tomouse a decisión de retomar a actividade o próximo curso. Sen embargo, quixemos ofrecervos este vídeo, no que as Bibliotecas da Microrrede saúdan a toda a comunidade educativa da Mariña e no que se fai un recorrido polas oito edición anteriores. 
Un abrazo para tod@s.