6 de xuño de 2024

DÍA DA ARTE

 Olaaa!!! Como ides???

O martes, día 4, celebramos o Día da arte e desenvolvimos unha actividade relacionada co proxecto deste curso: "Luces, cámara e acción". 

Fixéronse grupos heteroxéneos co alumnado (misturando nenas e nenos de todos os cursos) e cada un deles elaborou un diorama dunha película que seleccionaron. Previamente, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria tivo que "investigar" sobre a película seleccionada e levar un primeiro boceto do que ían facer. Cada grupo colleu o material necesario, distribuíron o traballo entre @s membros e puxéronse... 

MANS Á OBRA!!!

 









               E AQUÍ ESTÁ O RESULTADO!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario