17 de feb. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER

OLA RAPACES E RAPAZAS!!
Mañá, día 18, celébrase o Día Internacional do Síndrome de Asperger e xa que estes días estivemos desenvolvendo actividades coa Asociación Aspanane, que nos explicaron moitas cousas sobre a diversidade, pois aquí vos deixo este vídeo, para que coñezades en que consiste este síndrome.


Aquí tedes tamén o trailer dunha peli australiana de animación, baseada en feitos reais e que conta a longa amizade por correspondencia entre Mary, unha nena de 8 anos, e Max, un home con síndrome de Asperger, que vive en Nova Iork.



13 de feb. de 2020

OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN

Como estamos rapazada?
Na biblioteca estamos cos obradoiros de encadernación. Temos tres grupos. Polo de agora, un deles xa rematou o traballo e, o segundo, aí anda. Déixovos unhas fotos.

Este é o material co que traballamos.





E aquí está o 1º grupo mans á obra, con Isabel, a nosa experta e coa que estamos aprendendo moitas cousas sobre esta técnica.






E aquí o 2º grupo:


 

Cando rematemos xa vos ensinaremos como que da o traballo. 
Un saúdo








12 de feb. de 2020

PAUL KLEE

Como andades rapazada?
Cada mes sorprendédesme máis!!!
Que ben quedou a exposición de Paul Klee!!!
Klee foi un artista alemán de orixe suíza, nado en Müchenbuchsee, en 1879, e finado en Muralto en 1940. Era un artista con moita personalidade e no que influíu o cubismo, o expresionismo e o surrealismo. Dende pequeno, foi músico, por influencia da súa familia, aínda que logo se dedicou ao arte, sendo un experto no emprego da cor.
Aquí tedes os vosos cadros:



4º de Primaria

6º de Infantil

5º de Infantil

1º de Primaria

3º de Primaria

5º de Primaria

4º de Infantil


2º de Primaria

6º de Primaria

E o próximo artista... Velázquez. E imos cambiar o traballo. Todas e todos imos facer unha versión dun dos seus cadros máis famosos... 
Sabedes cal é?
Si. Ese. As Meninas.





3 de feb. de 2020

ESE GENIO LLAMADO MIGUEL ÁNGEL



OLA!!!
Aquí está outro dos libros que vos chegou na caixa: Ese genio llamado Miguel Ángel, da Editorial Laberinto.
Cubierta Ese genio llamado Miguel Ángel

A través da mirada dun neno, fálanos das obras de escultura, pintura e arquitectura que convertiron a Miguel Ángel no xenio do Renacemento.

PREMIOS

Ola rapaces e rapazas!!!
Que contenta estou coa participación no II Concurso de Ilustración.
Fixestes unha ilustracións moi fermosas!!
Aquí vos deixo as gañadoras e os gañadores:

 Na categoría de Educación Infantil, ilustraron un poema do libro Ventos, de Antonio García Teijeiro...

Pablo



Antón

Na categoría de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, ilustraron "Cantarola dos nenos", do libro Cantarolas, de Xosé Neira Vilas...


Álvaro

Unai

Na categoría de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ilustraron o poema "Lembranza para Alí Smaín", do libro Chove nos versos, de Antonio García Teijeiro...

Cristina 

Berta

Noraboa ás gañadoras e aos gañadores!!!



DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Que tal rapazada?
Onte, 30 de xaneiro, foi o Día da Paz e da non Violencia.
Nese día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, que foi un líder pacifista que difundíu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asasinado por defender as súas ideas.
Sempre deberíamos compartir o que temos e defender a quen non recibe un trato xusto. É importante que tratemos así a todo o mundo, non só á nosa familia e ás nosas amigas e amigos. Deberíamos tratar igual a todas as persoas, sen importarnos de onde sexan ou se falan outro idioma ou teñen outra relixión.
No cole, fixemos unha interpretación artística da non violencia e da paz. Aquí están os vosos traballos, que están expostos na entrada do colexio:

2º Primaria

3º Primaria

4º Infantil

6º Primaria

5º Infantil

1º Primaria

6º Infantil

4º Primaria

5º Infantil



Ademais, como facemos todos os 30 de xaneiro, celebramos unha chocolatada con churros e fixemos unha aportación voluntaria de 1€. Co recaudado imos facer unha aportación a Eu son, que é unha asociación de Burela, sen ánimo de lucro e que presta atención a persoas con discapacidade intelectual. A "festa" rematou cantando a canción "Todos somos capitáns", do CD A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco.