Amosando publicacións coa etiqueta Mes da ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mes da ciencia. Amosar todas as publicacións

21 de nov. de 2023

FACENDO EXPERIEMENTOS

 Ola rapazada!!

Como estamos no Mes da ciencia en galego, andades a facer experimentos. Xa nos contaredes. 

 
Este curso, desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística,  coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas, Decana da Facultade de Matemáticas da USC, membro do Consello da Cultura Galega, presidenta do Estalmat-Galicia e Premio María Josefa Wonenburger no 2022. 
 
Se clicades na imaxe tedes exemplos de actividades.
 
                                     Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas | Novas da lingua |  CDSG-CCG | Consello da Cultura Galega
 
 
 

 

 

 

17 de nov. de 2022

CIENCIA EN NOVEMBRO

 Ola nen@s !! Como estades???

Este mes é o mes da ciencia e o manifesto deste ano é dun profesor da USC que se chama José Tubío e comeza así...

"O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica..."

Se queredes seguir lendo, apoia na icona  Atomo icono gratis

Como vos propuxen para este mes de novembro, andivestes traballando coa simetría na arquitectura e xa vin todas as actividades que fixestes. 

Aquí tedes @s nen@s de 2º "facendo" simetrías.






 

E logo, tamén saímos á rúa para ver se víamos a simetría nos edificios de Xove.








6 de maio de 2022

FACENDO EXPERIMENTOS

 Como ides????

Teño novos experimentos que @s nen@s de 3º de Primaria nos queren ensinar. Fixeron o mesmo experimento e... non queredes ver o que lles pasou? Terían tod@s o mesmo resultado? .






Intentádeo na casa !!!









21 de mar. de 2022

FACENDO EXPERIMENTOS


 Como ides???

Hoxe déixovos aquí o experimento que desenvolveron as nenas e os nenos de 4º de E. Primaria. Que ben o fixeron!! Espero que desfrutedes e... podedes intentalo na casa. Ánimo!!!

3 de nov. de 2021

Mes da ciencia

 Ola rapazada !!!



Arranca o MES DA CIENCIA EN GALEGO e, como xa vos dixen na miña carta, gustaríame que preparárades algún experimento ou algún traballo científico e que llo ensinárades @s vos@s compañeir@s. Estades preparad@s? Pois ... ADIANTE !!1

Aquí tedes, tamén, o cartel XII Día da ciencia en galego


Nesta edición, homenaxéase a Alan Touring, matemático inglés, e Tarsy Carballas, científica galega.
Contarvos que Alan Touring, aos tres anos, xa destacaba pola súa memoria e, cando tiña oito anos, como lle gustaba tanto a química, montou un laboratorio na súa casa. Cando xa se fixo maior, dedicouse ás matemáticas e e fixo unha importante contibución á informática, no campo da intelixencia artificial (IA). Dicía que "un computador pode ser chamado intelixente se é quen de enganar a unha persoa facéndolle crer que é un humano". 
Tarsy Carballas estudou, en Santiago de Compostela, Farmacia e Ciencias Químicas e, entre outras cousas, investigou para buscar solucións para terreos en zonas afectadas polos incendios. Que importante o seu traballo !!
No Manifesto que nos ofrece Amparo Alonso Betanzos (enseñeira química e investigadora en intelixencia artificial), dinos que temos a sorte de que podemos facer unha viaxe científica dende as bibliotecas, que non só teñen libros e outros materiais, senón que tamén recollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, "cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender".