3 de nov. de 2021

Mes da ciencia

 Ola rapazada !!!



Arranca o MES DA CIENCIA EN GALEGO e, como xa vos dixen na miña carta, gustaríame que preparárades algún experimento ou algún traballo científico e que llo ensinárades @s vos@s compañeir@s. Estades preparad@s? Pois ... ADIANTE !!1

Aquí tedes, tamén, o cartel XII Día da ciencia en galego


Nesta edición, homenaxéase a Alan Touring, matemático inglés, e Tarsy Carballas, científica galega.
Contarvos que Alan Touring, aos tres anos, xa destacaba pola súa memoria e, cando tiña oito anos, como lle gustaba tanto a química, montou un laboratorio na súa casa. Cando xa se fixo maior, dedicouse ás matemáticas e e fixo unha importante contibución á informática, no campo da intelixencia artificial (IA). Dicía que "un computador pode ser chamado intelixente se é quen de enganar a unha persoa facéndolle crer que é un humano". 
Tarsy Carballas estudou, en Santiago de Compostela, Farmacia e Ciencias Químicas e, entre outras cousas, investigou para buscar solucións para terreos en zonas afectadas polos incendios. Que importante o seu traballo !!
No Manifesto que nos ofrece Amparo Alonso Betanzos (enseñeira química e investigadora en intelixencia artificial), dinos que temos a sorte de que podemos facer unha viaxe científica dende as bibliotecas, que non só teñen libros e outros materiais, senón que tamén recollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, "cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender".






Ningún comentario:

Publicar un comentario