E que ben o pasamos o día dos "apadriñamentos lectores"!!! @a nen@s de 6º, 5º, 4º e 3º fixeron de madriñas e padriños do alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil e de 1º e 2º de Primaria, e fomos ler á Praza do Concello. Foi un día moi divertido e unha oportunidade para coñecerños máis.
Este 2 de abril, mentras nós estabamos de vacacións, celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Como xa sabedes, celébrase este día, porque se conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen.
O cartel que anuncia esta data está ilustrado por Robert Mello e a mensaxe é de Margarita Engle, traducida ao galego por María Canosa.
Déixovos o cartel e a mensaxe.
Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.
As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!
As palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e novos,
fantasías e verdades.
Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara a unha nova terra
Hoxe, día 2 de abril , é o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Por que se celebra neste día? Pois porque se conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Celébrase dende 1967, para fomentar o gusto pola lectura dende a infancia. Este ano 2020 correspóndelle á sección de Eslovenia representar ao IBBY a través do texto de Peter Svetina e o cartel de Damijan Stepancic. Aquí os tedes: