Amosando publicacións coa etiqueta Día da muller e a nena na ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da muller e a nena na ciencia. Amosar todas as publicacións

8 de feb. de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 Olaaa...

O próximo domingo é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Esta celebración está impulsada pola Organización de Nacións Unidas, para promover e destacar a participación das mulleres e as nenas no ámbito científico e tecnolóxico. O obxectivo é sensibilizar sobre a fenda de xénero que aínda existe nestes dous campos; fomentar que estuden e traballen nestas áreas; e garantir a igualdade de oportunidades na educación e na investigación científica.

Aquí tedes uns cantos vídeos cos que podedes traballar na clase.

                 Mujer maestra y niña científicas estudiantes mirando diapositiva de microscopio de vidrio a través de la lupa - foto de stock

                 joven científico trabajando en el laboratorio - mujeres cientificas fotografías e imágenes de stock           

                 viendo de cerca - mujeres cientificas fotografías e imágenes de stock

                 maestro feliz asistiendo a la escuela de niñas en la reparación de componentes de la computadora en el aula. - mujeres cientificas fotografías e imágenes de stock



10 de feb. de 2023

AS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA

 Olaaa!!!

Mañá, 11 de febreiro, celébrase o Día da muller e da nena na ciencia

As Nacións Unidas consideran a igualdade de xénero como un tema central. Esta igualdade dos xéneros e o emponderamento das mulleres e das nenas van contribuír decisivamente no desenvolvemento económico do mundo e no progreso para conseguir os obxectivos e metas da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible (ODS).

Aquí vos deixo algúns vídeos, para animarvos a ser científicas e para que coñezades mulleres que foron moi importantes para o desenvolvemento da ciencia.
 






4 de mar. de 2022

AS NOSAS CIENTÍFICAS

 Olaaaa !!!!!

Como o mes pasado era o Día da Muller e da Nena na Ciencia, na clase de 2º de E. Primaria estivemos recibindo a visita de mulleres científicas. Estiveron unha nai veterianaria, unha nai enxeñeira de montes, unha nai enxeneira industrial e unha profesora do IES Illa de Sarón, profesora de Química. Estiveron contándolles moitas cousiñas. Entre outras cousas, faláronlles do que querían ser de maiores e aprenderon  que, aínda que ás veces, estudas o que xa querías ser de pequena, outras veces é o profesorado o que desperta o teu gusto por algún tema ou o algo que non pensabas acabou sendo o que che gustaba. Tamén lles explicaron en que consistía o seu traballo e a que outras cousas se poderían dedicar. Fixéronlles moitas preguntas e, incluso, a profesora do IES veu acompañada de dúas alumnas coas que fixeron experimentos de Física. Foi xenial!!!







11 de feb. de 2022

AS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA

 Boassss....

Hoxe, 11 de febreiro, é o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, co que se busca lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais de procurar o seu apoderamento e a igualdade de xénero.

Picade na imaxe para acceder a un folleto da Biblioteca Pública de Lugo: "De maior quero ser..."


Aquí vos deixo un vídeo da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da USC. 



12 de feb. de 2021


 BOASSSSS !!!!

Onte foi o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia., co que se pretende conseguir o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as nenas e as mulleres, para conseguir a igualdade de xénero e o emponderamento das mesmas.. É necesario que non se silencie o traballo das mulleres na ciencia ao longo da historia. Tampouco temos que esquecernos da importancia de que os estados invirtan na ciencia, na innovación e na tecnoloxía ante os retos do mundo futuro.

Déixovos aquí un vídeo que prepararon as nenas e as mulleres de Ames para reivindicar a  súa presenza na ciencia.