24 de out. de 2021

TEMPO DE MEDO

Como vades? 

Hoxe comeza o tempo do MEDO !!! Xa temos preparada a entrada do cole e esta semana espéravos algunha sorpresa. 

Como ides cos minirrelatos? Xa teño as patas tremelicando...

E agardo tamén para ver os vosos monstros. Xa non me podo aguantar !!!


22 de out. de 2021

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

 BOASSS...

Como este curso, o Día das Bibliotecas coincide en domingo, algúns cursos xa estiveron desenvolvendo actividades esta semana e continuarán na próxima: lendo contos na biblioteca, facendo marcapáxinas, comezando o préstamo, compartindo lecturas...
O lema deste ano é "Bibliotecas: ler, aprender, descubrir", co que se quere destacar o papel das bibliotecas, de todas as bibliotecas, como espazos libres, diversos e abertos, nos que se poda acceder á cultura e ao coñecemento.






TERCEIRA MOCHILA


 Aquí temos, de novo, @s nos@s compañeir@s coas mochilas desta semana. 


A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA

 OLAAA !!!

Xa chegaron ao centro os carteis do lema proposto pola Asesoría de Bibliotecas. É obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero. Xa o tedes exposto no taboleiro da biblio. Déixovolo aquí.


A palabra é a que permite abrir os camiños da imaxinación, do pensamento, da beleza e do coñecemento. Usamos a palabra no diálogo, na reflexión, no debate, na exposición, nos recitais, na lectura en voz alta... Todo isto podemos facelo na biblioteca, o espazo de tod@s.
Proponse traballar para recuperar a tradición oral, para achegarnos ás raíces da nosa cultura: coñecela, gozar dela e darlle continuidade.
Asi que... ADIANTE!!!!



19 de out. de 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

 BOASSS !!!

Outra semana que saen as mochilas para as vosas casas. Disfrutade !!!





14 de out. de 2021

O MAR QUE NOS FALA

OLA, OLA !!
Na carta que vos enviei, xa vistes que o novo proxecto que oimos traballar este curso é "O mar que nos fala". Supoño que xa estaredes traballando. Para que vos sexa máis fa´cil, imos ir poñendo no Blog todos os recursos que temos na Biblioflora ou que vaiamos atopando: bibliografía, webgrafía, posibles visitas...
Así que... a aprender moito !!!

8 de out. de 2021

SAEN AS MOCHILAS

 OLAAAAAA!!!

Canto tempo !!!!  Dende o 4 deste mes, estou aberta para tod@s vós, tanto para vir c@s vos@s mestr@s como para vir nos recreos ou cando teñades necesidade de vir buscar algunha cousiña.

E xa saíron as primeiras mochilas viaxeiras para as vosas casas.


Supoño que vos chegaría tamén a miña carta, na que vos conto todas as actividades propostas para os meses de outubro e novembro. Aquí vola deixo !!




E xa sabedes,,,  ESPÉROVOS NA BIBLIO !!!