Olaaaa!!!
O alumnado de 2º de Primaria investigou sobre o traballo das mulleres no cine. Fixeron un "documental" sobre 19 mulleres que foron importantes na industria do cine por diferentes motivos.
Aquí tedes o resultado.
Olaaaa!!!
O alumnado de 2º de Primaria investigou sobre o traballo das mulleres no cine. Fixeron un "documental" sobre 19 mulleres que foron importantes na industria do cine por diferentes motivos.
Aquí tedes o resultado.
Outra vez por aquíííí....!!
O pasado venres, para conmemorar o 8M, coa colaboración da Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove, tivemos no pavillón municipal unha actividade conxunta a Escola de Educación Infantil, o noso cole, o IES Illa de Sarón e o Centro da terceira idade do noso concello.
Entre tod@s "construímos" unha árbore na que estaban os pensamentos e desexos de tod@s @s participantes, ademais de ler algúns deles. O alumnado de Secundaria fixo lectura dun manifesto. Por último, soltáronse globos de cor violeta dentro do pavillón.
Aquí tedes algunha foto.
Olaaaaa!!!
O próximo venres, día 8 de marzo, é o Día Internacional da muller. Unha data moi importante para tod@s para entender a loita de todas as mulleres que viviron antes ca nós. Debemos coñecer a nosa historia, para formar un sentido crítico, que nos permita entender o que ocorría antes e valorar todos os logros conseguidos e seguir traballando ata conseguir a igualdade.
Para axudar a entender o por que deste día, aquí tedes uns vídeos.
Boas lecturas!!!!
Como ides???
Como vos dixen, o alumnado de 1º, 2º e 5º de E. Primaria, tiveron investigando as mulleres que se dedicaron á arquitectura. Con esa información van elaborar un libro, aínda que podedes ver o seu traballo na entrada do colexio.
Aquí podedes velo.
Como ides?
Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller.
Neste ano 2023, reivindícanse os dereitos das mulleres baixo o lema "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero", para que xunt@s loitemos para crear un futuro mellor non só para as mulleres e as nenas, senón para toda a humanidade e toda a vida na Terra.
Nós, dentro do noso proxecto sobre a arquitectura, onte tivemos a visita de Noelia , arquitecta, que nos veu falar sobre o seu traballo e ensinarnos a importancia do traballo das arquitectas na construción das vivendas, das vilas, das cidades...
Por último as cancións...
Unha canción do CEIP Pazos de Reis, de Pontevedra.
Olaaaaa... !!!!
Polo Día da muller, estivestes traballando de diferentes maneiras. Cada curso á súa maneira.
Como ides?????
Hoxe tráiovos uns libros para que desfrutedes este día.
El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa, de Patricia Fitti, da Editorial Destino.
BOAS AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!!!
Hoxe, día 8 de marzo, é o Día Internacional da Muller. E que importante é a muller para o mar. Aínda que nos pareza que só vemos homes no mar, temos que reivindicar que o medio mariño non é só cousa del, senón que tamén é cousa dela.
Se nos fixamos na historia, contábase que levar unha muller nun barco era o mesmo que desexar un naufraxio., dicían que daban mala sorte. Nembargantes, hoxe en día, cada vez son máis as mulleres que traballan no mar e, tamén, asa que o investigan.
Aquí vos deixo algúns documentos para aprender cousas sobre estas mulleres.