30 de nov. de 2022

CONCURSO DE MINIRRELATOS DE MEDO

 Olaaaaaa (con medo)!!!!

Aquí temos @s gañador@s do Concurso de debuxos e de  minirrelatos de medo. O luns entregamos os premios.

E aquí @s tedes cos seus premios.

 Clara  de 4º de Infantil    

           Lucas de 5º de Infantil                    

       
Maya de 6º de Infantil   
     
 
 
 Lucía de 1º de Primaria

Jesús de 2º de Primaria

 
María de 3º de Primaria
 
Salma de 4º de Primaria

Noa de 5º de Primaria

Ana de 6º de Primaria

Desfrutade desas lecturas de medo!!!!!


 

29 de nov. de 2022

XA CHEGA DECEMBRO

 Como ides, rapazadaaa???

Xa está chegando o Nadal e, no mes de decembro teño unhas propostas para vós que supoño que xa chegaron ás vosas clases.



 
Xa me tarda ver todo o que facedes!!!!!
 
 
 

28 de nov. de 2022

3 DE DECEMBRO

O 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

A Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada en 2006 e firmada por 180 países di:

"A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais"

E pide que as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade. Solicita aos estados que tomen aas medidas necesarias para que poidan acceder á actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos para a súa integración.

Aquí tedes algún vídeo que vos ensina a entender mellor ás persoas con discapacidade.

Ayúdanos a imaginar el mundo, no que Idoya, unha rapaza de 20 anos con xordocegueira, e o pianista Fedor Veselov, protagonizan a primeira curtametraxe da Federación Española de Xordocegueira.

Louis, curta na que o protagonista, de 10 anos, quedou xordo sendo pequeno. Gústalle xogar coas súas mascotas favoritas: os caracois: Nembargantes, non lle gusta nada a escola.

Fragmento da película Al frente de la clase, onde podemos ver un exemplo de inclusión nunha clase dun neno con Síndrome de Tourette.

Perfectas diferencias, curtametraxe sobre a inclusión.


Purl

Rompecabezas, que conta a vida de Sofía, unha nena co Trastorno do Espectro Autista, para a que ter un día normal non é nada fácil. Tod@s esperan que se comporte dunha determinada maneira e ninguén entende o seu mundo.


Academia de especialistas, ensina dunha maneira amena e divertida as habilidades especiais que teñen moitas persoas con autismo e que non sempre se comprenden cando se ven dende fóra.

Día y noche, ensínanos a maneira de convivir pacificamente e respectando ás demais persoas. Dúas persoas diferentes atopan puntos en común e chegan a valorar positivamente a diversidade da outra.

Podedes ver este vídeo, co que podedes entender o concepto de discapacidades. para comprender o que significa ser xordo, cego, ter dificultades de mobilidade, para relacionarse ou de aprendizaxe, así como o valor que posúe o esforzo que fan @s nen@s con discapacidade para integrarse na sociedade.

Super Lucía, ensina que cada persoa é diferente, que todas as persoas temos cousas que se nos dan ben e outras que non tanto, e que é normal que todas as persoas, nalgún momento poidan necesitar axuda.

Cachito, é un conto que narra a historia de Óscar, un neno con discapacidade.

Tamén podedes escoitar a canción "El pozo de Arán", de Carlos Núñez, que trata dunha nai que leva ao seu fillo cego á illa de Arán, onde poderá recuperar a vista. O vídeo, grazas á colaboración da ONCE, conta coa colaboración dun neno cego.


 





24 de nov. de 2022

ENTRAMOS?

Como ides????

Hoxe quero ensinarvos un libro que me encanta.

La casa de los ratones

de Karina Schaapman, da editorial Blackie Books

Unha casa que non se parece a ningunha outra!!

Sam é o mellor amigo de Julia e Julia é a mellor amiga de Sam. Sam é SUPERtímido e Julia é SUPERcuriosa. Xunt@s viven un montón de aventuras e conseguen meterse nalgúns líos!!! 

Os días pasan voando nesta casa. Atréveste a entrar??

Descubrirás un escondite secreto, daraslle a benvida a un rato encantador, farás deliciosas "tortitas"...

E aquí tedes a Julia e a Sam na nosa biblioteca e facéndolle compañía a Flora. Que andarán argallando??

Se queredes ver a historia de como a autora construiu esta casa, clicade na imaxe  

Espérovos na Biblio!!!




22 de nov. de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER



 Ola rapazada!!!

O 25 N é un día moi importante para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas para conseguir a súa erradicación. Este día é necesario reclamar a atención da sociedade e dos gobernos sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das formas de violencia máis extendida no mundo.

Todos os días temos que "traballar" para que esta violencia contra as mulleres desapareza. O máis importante é conseguir que as mulleres e os homes sexan iguais en todos os aspectos da súa vida.

Aquí tedes algunhas cousiñas (curtas, contos, libros...) para que reflexionedes sobre este tema.




Podedes desfrutar dos contos de... 

                                                              Maruxa


Rosa Caramelo


Artur e Clementina


Eu  vou comigo


 
Aquí tedes algúns libros que vos poden axudar nas actividades destes días.
 
Recordade que a palabra máis importante para poñer fin á violencia é RESPECTO. Xunt@s temos que ser capaces de eliminar esa violencia.
E aquí tedes un montón de libros que temos na biblioteca sobre este tema.


                                       



                     




                                                         





 


18 de nov. de 2022

REMATANDO CO MEDO

Como ides????

Esta semana van rematando os cursos que faltan coa Carreira do Medo

Aquí tedes ao alumnado de 6º de Infantil resolvendo as pistas da súa carreira.









17 de nov. de 2022

TRABALLANDO NA BIBLIO

Ola, olaaa!!!!

Moito traballan @s nen@s de 2º!!! Estes días viñeron visitarme varias días á biblioteca, para aprender moitas cousas sobre o corpo humano. 

Aquí @s tedes.







Que contenta estou cando teño estas visitas e vexo canto traballades!!!

CIENCIA EN NOVEMBRO

 Ola nen@s !! Como estades???

Este mes é o mes da ciencia e o manifesto deste ano é dun profesor da USC que se chama José Tubío e comeza así...

"O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica..."

Se queredes seguir lendo, apoia na icona  Atomo icono gratis

Como vos propuxen para este mes de novembro, andivestes traballando coa simetría na arquitectura e xa vin todas as actividades que fixestes. 

Aquí tedes @s nen@s de 2º "facendo" simetrías.






 

E logo, tamén saímos á rúa para ver se víamos a simetría nos edificios de Xove.








11 de nov. de 2022

LEMOS E APRENDEMOS

Como idesss????

Temos un libro na Biblioflora que nos ensina o importante que é a creatividade e as gañas de perseguir as nosas paixóns. 

Pedro perfecto aquitecto, de Andrea Beaty e da editorial Beascoa


Pedro Perfecto é aquitecto. Aos tres anos construíu igrexas e capelas con froitas; pero, ninguén apreciaba o seu talento. A súa mestra de segundo prohibiu a arquitectura e os edificios de grande altura. Entón Pedro perdeu o seu interese. Ata que un día que foron de excursión...

Xa sabedes!!! Está na Biblio esperándovos.

Ata outro día.

 

9 de nov. de 2022

CARREIRA DO MEDO

 Olaaaa!!!

Xa vistes que, para o Samaín, prepareivos a Carreira do medo. Aínda faltan por rematala @s máis pequen@s do cole, porque lles leva un pouco máis de tempo. Así que temos que agardar un pouquiño para conseguir cambiar os vales.

Gustouvos? As probas non eran moi difíciles, ou? Bueno,algunhas eran máis complicadas ca outras, pero poidemos traballar co Braille e cos Pictos e coñecer máis a realidade de tod@s @s nos@s compañeir@s.

Aquí estades resolvendo algunhas das pistas.





 
Tamén andiveron facendo cousiñas @s de 4º de Infantil. Mirade!!
 

 
A que están xenial!!!