OLAAAAAAAA !!!!
Déixovos unha mensaxe que fixen con libros.
Probade a facer algunha cos libros que tedes na casa !
Este é o blogue da biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán.
OLAAAAAAAA !!!!
Déixovos unha mensaxe que fixen con libros.
Probade a facer algunha cos libros que tedes na casa !
Que tal cos libros e as lecturas?
Seguimos nesta semana tan bonita para a biblioteca. Aquí vos deixo o díptico que edita a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para conmemorar este día.
Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da cultura galega actual, neste caso, a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas"
Clicade na imaxe para ler o texto completo.
BOAAAASSSS !!!
Outro día máis para disfrutar das nosas citas a cegas.
E descubrín este vídeo interesante para toda a familia da mesma Irene Vallejo, no que nos fala da súa experiencia, dende nena, cos libros e do que significan para ela. Ademais, reivindica o labor das mulleres como transmisoras do coñecemento.
Seguimosss...
Que tal as vosas citas a cegas? Espero que esteades encantad@s e que atinárades na vosa elección.
Déixovos aquí un vídeo de Irene Vallejo (Premio Nacional de Ensaio 2020), a autora do libro El infinito en un junco. La invención de los libros del mundo antiguo, traducido xa ao galego na Editorial Xerais. Un libro sobre os libros, no que se fala sobre a súa historia.
Como andades? Eu encantada con esta semana, porque é a miña "festa" preferida. Supoño que xa sabedes por que... O DÍA DO LIBRO !!! O próximo venres, 23 de abril, celebramos o Día do Libro e, na Biblioflora imos "celebralo" toda a semana.
E sabedes que...? Aquí tedes unha curiosidades sobre os libros:
Este 2 de abril, mentras nós estabamos de vacacións, celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Como xa sabedes, celébrase este día, porque se conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen.
O cartel que anuncia esta data está ilustrado por Robert Mello e a mensaxe é de Margarita Engle, traducida ao galego por María Canosa.
Déixovos o cartel e a mensaxe.
Tamén vos deixo un vídeo.
OLAAAA.....
Para o Día da poesía, que celebramos o 21 de marzo, Flora propúxonos facer unha poesía encadeada. E puxémonos man á obra. Comezaron @s máis pequeniñ@s, @s nos@s compañeir@s de 3 anos en 6º de Primaria. E xa temos a poesía completa na entrada do cole, aínda que estamos rematando a súa exposición.
Déixovos aquí un vídeo de varios actores españois recitando a Rima IV de Gustavo Adolfo Bécquer
Olaaaa .....!!!!!
Onte celebramos o Día da Muller e xa temos expostos na entrada do cole os traballos que fixestes sobre "As mulleres que coidan o planeta".
Quedaron xeniais!
Tod@s podemos aprender do traballo de tod@s, así que animádevos a "visitar" a exposición !
De todas maneiras, aquí tedes os vosos traballos, para que podades ensinarllos as vosas familias.
Como estades?
Aquí tedes os poemas de Rosalía espallados polos corredores do cole ...
Aquí está o "Cando penso que te fuches..."
Por este lado, sube "Quíxente, tanto, meniña...""
E a coñecisa... ""Adios ríos, adios fontes..."
Olaaa !!!
Que bonito quedou o "muro de Rosalía" d@s nen@s de 1º de Primaria !! Está precioso.
BOASSS 111
Canto aprenderon @s nen@s de 4º de Infantil sobre o entroido de Viana do Bolo !! Clicade no enlace e estade atent@s a todo o que nos contan. Xa veredes cantas cousas imos aprender...
https://drive.google.com/file/d/1kvNmHFf4zLrCnA_Z4dXULmJkTvZwFsQN/view?usp=sharing
Aquí estou outra vez...
Como vos dixen, o 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Por iso, temos a biblio cargadiña de libros que nos contan a vida de moitas mulleres, a maioría pouco coñecidas e valoradas. E tamén libros con historias que nos axudan a ver que tod@s somos iguais.
Conseguiuse moito, pero queda moito camiño por andar; camiño que temos que recorrer xunt@s mulleres e homes.
Como me gustan tanto os libros, vou falarvos dalgúns dos que temos na biblio ...
Me llamo Pecas, de Raquel Díaz Regueira, da Editorial Nubeocho. En ningún momento sabemos se @ protagonista do conto é unha nena ou un neno. Pecas faise preguntas: Hai libros de nenos e de nenas? Os xoguetes son de nenas e de nenos? E a roupa? E por que? Un libro real no que se evidencian todos os estereotipos que están presentes na nosa sociedade, situacións que nos atopamos diariamente e que nos fan ver a desigualdade que existe no mundo.
Neste libro, da Plataforma Editorial, Iria Marañón (que xa publicou Educar en el feminismo) axudános a ver doutra maneira a forma na que educamos @s nos@s fill@s, co fin de detectar e cambiar moitos dos erros e as inxustizas que que repetimos inconscientemente. Dinos que debemos educar aos nenos como seres pensantes e autónomos, liberados da construcción de xénero e dos roles que a sociedade se empeña en trasnsmitir.
Animádevos a lelo !!!
OLAAA !!!!
Que vos parece se, xa que se achega o 8 de marzo, investigamos sobre as mulleres "Salvadoras do noso Planeta"?
Nas reunións sobre temas medioambientais (como ocorre sempre en todos os campos), a ausencia das mulleres é unha constante. Sen embargo, son moitas as mulleres que dedicaron e dedican as súas vidas á defensa do medio ambiente. Investigadoras, activistas, naturalistas... Algunhas son mulleres con estudos; outras, son amas de casa que se organizaron para defender os intereses da súa terra. Todas contribúen a facer o noso planeta máis habitable.
Pois... adiante !! Preparade información sobre algunha desas mulleres, que nos axude a visibilizalas e a darlles a importancia que se merecen.
Xa espero os vosos traballos !!!
Onte foi o Día Internacional da Lingua materna. Neste ano, a UNESCO ten o obxectivo de fomentar o multilingüismo para a inclusión na educación e na sociedade. A RAG (Real Academia Galega), para afondar na importancia da transmisión da lingua dentro das familias, recuperou o relato "Xeliña fala galego", escrito en 1968 polo mestre e tadutor Valentín Arias, no que conta a experiencia de educar en galego á súa filla, Xela Arias (a autora homenaxeada neste 2021 co Día das Letras Galegas). Aquí volo deixo...
Como vades?
Como xa vos dixen, Rosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da nosa terra.. para coñecer a súa vida, o Colexio San Pío X de Ourense decidiu dobrar o vídeo orixinal en castelán de "TikTak Draw", co permiso dos seus ilustradores, para poder divulgar pola rede na nosa lingua algúns os datos máis importantes da súa vida. Para iso, contaron tamén coa xenerosa axuda da Fundación Rosalía de Castro e membros dos Equipos de Dinamización Lingüística de Galicia.
Aquí volo deixo...
OLAAA OUTRA VEZ !!!
Remata o Entroido e achégasenos unha data moi importante para nós: o Día de Rosalía, o 24 de febreiro, data que lembra o aniversario do seu nacemento. Xa estamos preparando os nosos traballos que nos han valer para coñecela un pouquiño máis.
Déixovos aquí un pouquiño da súa poesía...
E para disfrutar coa música... a canción de Uxía que tanto nos gusta.
OLAAAA !!!!
Canto traballastes e que ben quedou a exposición que fixestes sobre o Entroido galego !!!!
ENCÁÁÁÁNTAME....
Déixovos aquí as fotos.