24 de feb. de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Hoxe, 24 de febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para celebrar este día os nenos e nenas do colexio escribiron unha postal que hoxe mandaron por correo ás súas familias. Ademais como sucede en datas especiais o CORO DA CASA fixo unha das súas actuacións.