19 de out. de 2012

SEMANA DA BIBLIOTECA


 Flora convídavos a disfrutar das actividades que preparamos para celebrar a semana da biblioteca do 22 ao 26 de outubro .
 Ao longo desta semana presentarase o blogue da biblioteca a todo o alumnado e ademais, o día 24, atoparedes unha exposición con chuches de personaxes de contos, canapés de títulos, receitas para animar a ler e dietas do bo lector.
 Animádevos a visitar a nosa biblioteca. Flora estavos esperando chea de sorpresas. 
 Este é o resultado dos traballos que os nenos foron facendo ao longo destes días para a exposición