22 de dec. de 2022

NOVO TRIMESTRE...

 Como ides???

Estamos de volta no cole despois do Nadal e comezamos o ano 2023. Na biblioflora estamos con moitas ganas de vervos.

Xa recibistes a carta de Flora coas actividades para os meses de xaneiro e febreiro. Coma sempre temos moitas cousiñas que propoñer.



 Aquí vos espero!!!


XA CHEGA O NADAL

 Olaaaa...

Xa estamos na semana de Nadal e xa temos na entrada as árbores que fixestes coas vosas familias. Quedaron preciosas!!! Hainas de todo tipo e materiais.

E tamén temos xa os marcapáxinas cos que imos felicitarnos o Nadal entre tod@s @s do cole.

 



 
BO NADAL A TOD@S E FELIZ ANINOVO!!!



5 de dec. de 2022

TOD@S TEMOS DEREITOS

 Olaaaaaa...

O próximo día 10 de decembro é o Declaración Universal dos dereitos Humanos, coincidindo co aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos, en 1948. 

 "Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos"(artigo 1)

A partir disto, a Declaración fala dos dereitos de todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento nin ningunha outra condición.

É o documento máis traducido do mundo e está dispoñible en 500 idiomas. Aínda queda moito camiño por recorrer para que todos eses dereitos sexan respectados, polo que hai que seguir traballando para conseguilo.

O lema deste ano 2022, no que se celebra o seu 75 aniversario, é ...

"Dignidad, liberdade e xustiza para todos".

E aquí tedes un vídeo para coñecer estes dereitos.

Na Biblioflora, tedes tamén unha exposición de libros para profundizar e poder desenvolver actividades sobre o tema.

E aquí tedes unha canción dedicada aos Dereitos humanos d@s nen@s.


Animádevos a bailar!!!

1 de dec. de 2022

POEMAS PARA ENTRAR A VIVIR

 Como idesss?

Hoxe quero ensinarvos un libro precioso, 27 casas, de Raúl Vacas e ilustrado por David Pintor, de  La Guarida ediciones.

"Pasa al inerior del libro, descálzate antes de leer, aviva el fuego en el hogar.

Qué a gusto se está adentro."

27 casas é un abecedario de casas construídas con poesías. Son poemas para entrar a vivir e reflexionar sobre a importancia de ter un fogar, un refuxio, unha gorida. Poemas que falan do adentro e do afora das casas e os corazóns.