6 de out. de 2016

FLORA ABRE DE NOVO AS PORTAS DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes o pasado luns 3 de outubro Flora abriu de novo a súa biblioteca para todos  os nenos e nenas da escola, así como para as súas familias.

Este ano trae moitas novidades  porque durante o verán estivo argallando novas aventuras para compartir con todos nós.  A primeira delas foi a entrega, este mércores, das primeiras mochilas viaxeiras.

Flora quedou encantada co recibimento e agarda ter moitas visitas todos os días, de feito xa está pensando na seguinte sorpresa para vós.

1 de maio de 2016

LEMBRANDO A MANUEL MARÍA

Este ano 2016 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está adicado a MANUEL MARÍA. Os nenos e nenas do noso colexio, xunto coas súas familias rendÍronlle a súa particular homenaxe.

NOVIDADE DO MES DE FEBREIRO

Os nenos e nenas de 2º de Primaria presentaron o libro De quién es este rabo? de Barberis. Que ben pintaron os debuxos e que ben o fixeron.

NOVIDADE DO MES DE XANEIRO

No mes de xaneiro os nenos e nenas de 3º de Primaria ensináronnos un montón de cousas sobre o cómic.

24 de feb. de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Hoxe, 24 de febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para celebrar este día os nenos e nenas do colexio escribiron unha postal que hoxe mandaron por correo ás súas familias. Ademais como sucede en datas especiais o CORO DA CASA fixo unha das súas actuacións.


31 de xan. de 2016

30 DE XANEIRO O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Os nenos e nenas do colexio para celebrar o Día da Paz, elaboraron unha chea de CARAMELOS PARA A PAZ. En cada un deles podíamos atopar unha mensaxe distinta. Mensaxe que ao mesmo tempo era un desexo para eles.

18 de xan. de 2016

O CONCELLO DE XOVE ENTREGOU OS PREMIOS DO CONCURSO DE NADAL

O pasado martes, 12 de xaneiro, o Concello de Xove entregou os premios do concurso de Nadal.
Na categoría preescolar recibiron premio Paula Sánchez Pernas, Yoel López González e Aroa Pita Rodríguez; en 1º e 2º de primaria Eduardo Flores Escobar, Uxía Cradaille Durán e Diana Maseda Rivas; na categoría de 3º e 4º de primaria Iago De Vicente Docobo, Judith Suárez Azogue e Emma Buján Rouco; entre os nenos de 5º e 6º elixiron as postais de Kevin Castro, Alejandro Parapar Fernández e Iker Costa González.

NORABOA A TOD@S!!!!



17 de xan. de 2016

NOVIDADE DO MES DE DECEMBRO

"Aquiles o puntiño". Xurdiu dunha folla en branco e fíxose a si mesmo. Un destino igual ao que tivo Aquiles pode que teñan outros moitos puntiños que adorna a noite: as estrelas.


Neste caso os encargados de representalo foron os alumnos e alumnas de 4º.  A que o fixeron moi ben?