31 de xan. de 2016

30 DE XANEIRO O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Os nenos e nenas do colexio para celebrar o Día da Paz, elaboraron unha chea de CARAMELOS PARA A PAZ. En cada un deles podíamos atopar unha mensaxe distinta. Mensaxe que ao mesmo tempo era un desexo para eles.

18 de xan. de 2016

O CONCELLO DE XOVE ENTREGOU OS PREMIOS DO CONCURSO DE NADAL

O pasado martes, 12 de xaneiro, o Concello de Xove entregou os premios do concurso de Nadal.
Na categoría preescolar recibiron premio Paula Sánchez Pernas, Yoel López González e Aroa Pita Rodríguez; en 1º e 2º de primaria Eduardo Flores Escobar, Uxía Cradaille Durán e Diana Maseda Rivas; na categoría de 3º e 4º de primaria Iago De Vicente Docobo, Judith Suárez Azogue e Emma Buján Rouco; entre os nenos de 5º e 6º elixiron as postais de Kevin Castro, Alejandro Parapar Fernández e Iker Costa González.

NORABOA A TOD@S!!!!



17 de xan. de 2016

NOVIDADE DO MES DE DECEMBRO

"Aquiles o puntiño". Xurdiu dunha folla en branco e fíxose a si mesmo. Un destino igual ao que tivo Aquiles pode que teñan outros moitos puntiños que adorna a noite: as estrelas.


Neste caso os encargados de representalo foron os alumnos e alumnas de 4º.  A que o fixeron moi ben?