22 de mar. de 2013

APADRIÑA UNHA POESÍA





 Este mes de marzo está tendo lugar unha actividade que forma parte do proxecto da Biblioteca Escolar, en colaboración con bibliotecas doutros centros da Mariña pertencentes ao PLAMBE, e conta tamén coa participación doutras bibliotecas que non pertencen a dito proxecto. 
 Seguindo a liña do curso anterior ("Lembrando o pasado"), propúxoselle ás familias participar nunha actividade que leva por título "Unha primaveira de poemas: apadriña unha poesía". Terán que buscar un autor e un poema que lles guste, copiar a poesía e facer un pequeno traballo plástico ilustrando o poema, nun formato base que se lles será entregado no cole.
 Esta actividade ten como obxectivo revalorizar a poesía como un pilar fundamental na formación de hábitos lectores e na aprendizaxe dos nen@s.  
 Con todos os traballos farase en abril unha exposición no propio centro. Durante o mes de maio terá lugar unha exposición conxunta na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro. 













Así de fermosa quedou a exposición final en Viveiro:

15 de mar. de 2013

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA




Como cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía. Este Día ten por obxeto apoiar a poesía, a importancia da tradición oral dos recitados poéticos, promover a ensinanza da mesma, adí como o diálogo da poesía coas demáis manifestaciones artísticas, teatro, danza, música e pintura. 




 Deste xeito, no cole xa nos estamos preparando para a chegada dese día. Todos os cursos xa ensaian o seu recitado de poemas elaborados polos nenos e nenas nas aulas. Este ano Flora propuxo crear un alfabeto animal, pero seguindo a liña do noso proxecto anual "Como como", por iso os nosos poemas han de estar relacionados coa alimentación. 


poesía