viernes, 22 de marzo de 2013

APADRIÑA UNHA POESÍA





 Este mes de marzo está tendo lugar unha actividade que forma parte do proxecto da Biblioteca Escolar, en colaboración con bibliotecas doutros centros da Mariña pertencentes ao PLAMBE, e conta tamén coa participación doutras bibliotecas que non pertencen a dito proxecto. 
 Seguindo a liña do curso anterior ("Lembrando o pasado"), propúxoselle ás familias participar nunha actividade que leva por título "Unha primaveira de poemas: apadriña unha poesía". Terán que buscar un autor e un poema que lles guste, copiar a poesía e facer un pequeno traballo plástico ilustrando o poema, nun formato base que se lles será entregado no cole.
 Esta actividade ten como obxectivo revalorizar a poesía como un pilar fundamental na formación de hábitos lectores e na aprendizaxe dos nen@s.  
 Con todos os traballos farase en abril unha exposición no propio centro. Durante o mes de maio terá lugar unha exposición conxunta na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro. 













Así de fermosa quedou a exposición final en Viveiro:

1 comentario:

  1. Te he elegido como uno de los once blogs del premio “Liebster Blog”. Para más información visita www.bibliogregoriomaranon.blogspot.com
    Un saludo de Encarni.

    ResponderEliminar