23 de abr. de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial para fomentar a lectura e os dereitos de autor. Escolleuse este día 23 de abril porque este mesmo día do 1616 faleceron os escritores Miguel de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Dende o colexio quixemos festexar este día dun xeito moi especial. Cada curso elixiu un conto e escribiuno en 8 postais. En cada unha delas hai unha oitava parte do conto e unha ilustración que o acompaña.
Estas postais enviaranse, a outra clase xa asignada, de forma desordenada en diferentes días nun periodo de 3 semanas. Ao finalizar, deberan ordear o conto e adiviñar de cal se trata.

Hoxe, Día do Libro, recibiron a súa primeira postal !!!! 


INTERPRETACIÓN PLÁSTICA DAS PLANTAS

Co obxectivo de coñecer a flora galega e a súa situación xeográfica, o alumnado de 5º elaborou un conxunto de fichas técnicas sobre plantas da nosa comunidade e logo representáronas de forma plástica con acuarelas, empregando a técnica e as cores máis axeitadas.
Para que todo o centro poidera contemplar o traballo realizado e aprender un pouco máis sobre a flora que nos rodea, realizouse unha exposición nas paredes das escaleiras.
Moi bo traballo rapaces e rapazas!

NOVIDADE DO MES DE MARZO




O alumnado de 2º escolleu este libro para presentar como a "Novidade do Mes". O Grúfalo de Julia Donaldson coas ilustracións de Axel Scheffler é unha fábula sobre o poder do maxín pero tamén do medo.  Grazas á editorial Parasdepeixe, temos a sorte de contar con este simpático álbum na nosa lingua.

Aqui podedes ver o ben que o fixeron estes nenos e nenas! Que ben o pasamos!!

3 de abr. de 2014

REGALAMOS POESÍAS

Para celebrar o Día da Poesía fixemos unha actividade ben bonita, a cal consistía en copiar unha poesía que che gustara facendo referencia ao libro e ao escritor ou escritora e ilustrala cun debuxo.
O pasado 21 de marzo estas poesías convertéronse en agasallos para numerosas tendas do noso concello. Pola compra dalgún produto, agasallában unha aos seus clientes coa finalidade de mostrar o fermosa que é a poesía e invitalos a lela dun xeito moi orixinal.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o día da muller traballadora, o alumnado de 3º curso realizou a biografía dunha muller da súa familia.
Non foi un traballo doado xa que anteriormente tiveron que preparar unha entrevista para logo poñerse en marcha coa redacción da biografía.


ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro celebramos o 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Ademais de traballar na aula sobre a figura desta importane escritora, elaborouse, por ciclos ou cursos, estes fermosos murais que penduramos nos corredores.


CHEGOU O ENTROIDO!

A última semana do mes de febreiro festexamos o entroido no noso colexio. Comezamos a semana coas instruccións do Meco: o luns levamos un pano no pescozo, o martes un sombreiro na cabeza, o mércores unha flor e o xoves unha luva na man esquerda.
Para rematar a semana, o venres realizamos o desfile e baile de entroido no noso ximnasio.. Como este ano estamos co proxecto de "Planto plantas", espantallos, xardiñeiros, vendedores de froita e verdura, froitas, agricultores e consumidores primarios, foron os disfraces elexidos para este día.
Pasamos unha tarde do máis divertida!



NOVIDADE DO MES DE FEBREIRO

O pasado mes de febreiro o alumnado de terceiro encargouse de representar a Novidade do Mes e esta vez representada a través dunha curta de animación. 
Debido a que febreiro é o mes do amor, estes nenos e nenas escolleron o conto "¿Qué es el amor?" de Davide Cali e Ana Laura Cantone, no que a personaxe quere saber que é iso que os maiores chaman AMOR.