27 de feb. de 2014

NOVIDADE DO MES DE XANEIRO

 "Plantando los árboles de Kenia. La historia de Wangari Maathai" de Claire A. Nivola foi o conto que escolleron os alumnos e alumnas de 4º curso para a "Novidade do mes de xaneiro". 

Como neste mes festexamos tamén o Día da Paz, este curso lembrouse de Wangari pois foi Premio Nobel da Paz no ano 2004. A autora deste conto narra a marabillosa historia de esforzo desta muller para cambiar a sorte da súa terra ensinando a coidar dela.


26 de feb. de 2014

NOVIDADE DO MES DE DECEMBRO

"O pequeno abeto" é un conto sobre valores que pertence ao libro "Un cuento para cada día" de Sara Cone Bryant e Natha Caputo. Nel, un pequeno abeto, que non estaba nada contento consigo mesmo, acaba decatándose de que non hai nada mellor que aceptarse cada un tal e como é. 

Neste caso os encargados de representalo foron os alumnos e alumnas de 6º. Mirade que ben o fixeron!



FESTEXAMOS O NADAL

Este ano polo Nadal, quixemos dar a coñecer a figura do Apalpador, un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal levarlles os agasallos aso nenos e nenas. Este entra pola noite nos seus cuartos , apálpalles a barriga para ver se comeron ben durante o ano. Ademais de xoguetes de madeira, deixalles unha presa de castañas.

Para iso realizamos unha exposición de sacos do Apalpador, os cales foron decorados coa colaboración das familias e, entre todos os cursos, fixemos este Señor Apalpador tan bonito.
O traballo en grupo sempre deixa fantásticos resultados!


NOVIDADE DO MES DE NOVEMBRO

No mes de Novembro o alumnado de 5º B deleitounos coa presentación do libro "O gato fantasma" do autor Xelís de Toro na Biblioteca de Flora.

Este conto trata de dous amigos, Rolo e Pestiña que sempre ao saír da escola van xuntos para a casa. Pero aquel día en que todo comezou, Pestiña non daba chegado á praza do camelio, onde sempre quedaban. Mentres Rolo agardaba comezou a chover; estábase poñendo coma un pito. Logo dun anaco viu aberto un portal dunha casa e foicorrendo a refuxiarse. Dende alí vería ben a Pestiña. Rolo nunca reparara nese portal, que máis ben parecía unha cova. E Pestiña sen aparecer! De repente Rolo escoitou un ruído ás súas costas que o asustou: era un gato cun ratiño na boca. Sería o gato do que todos falaban no recreo, o tal Rabudo, o que lle podía a un pastor alemán? A partir dese encontro entre Rolo e o gato fantasma todo comezou a cambiar…

Gustounos moito este conto!

NELSON MANDELA

O día 5 de decembro deixounos Nelson Mandela, Madiba. Un home que loitou pola igualdade e a liberdade do seu pobo, Sudáfrica.
Ademais de traballar a súa figura nas aulas, o alumnado de 5º fixo un percorrido polos momentos máis importantes da súa vida e amosóunolo a todos nunha xuntanza que tivo lugar na entrada do colexio. 

23 de feb. de 2014

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O día 4 de novembro celebrouse o Día da Ciencia en Galego. Este ano os homenaxeados foron Richard Buckminster Fuller, Florence Nightingale e o galego Isaac Díaz Pardo.

Nós decidimos estudar a figura de Isaac Díaz Pardo e o traballo realizado na  Fábrica de Sargadelos do concello veciño de Cervo. 
Como resultado final, fixemos a posta en común de todas as actividades realizadas na entrada do colexio.

NOVIDADE DO MES DE OUTUBRO


Este curso comezamos unha nova actividade no colexio, a "Novidade do mes". Cada mes, un curso, presentará un libro que logo se incluirá na biblioteca do colexio. 

No mes de outubro e, aprobeitando o día da Hispanidade, o alumnado de 5ºA presentou o libro
"Me llamo... Cristobal Colón" de Fernando Galcés e Óscar Julve. 
Noraboa polo ben que o fixeron!


Sin título - foto montaje

21 de feb. de 2014

SAMAIN


Bruxas voando, gatos negros nos corredores, cabazas que alumean... asi estibo o colexio para celebrar o Samaín.
Como é de costume, este curso celebrouse a III Carreira do Medo. A carreira consiste en ler as pistas que nos manda Flora e logo adiviñar os libros aos que fan referencia para completar o taboleiro do castelo ou da cabaza.




samain - diapositivas

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado 24 de outubro celebrouse no colexio o Día das Bibliotecas Escolares. Aproveitamos este día para presentar o novo proxecto mediante unha actividade na que participou todo o alumnado do centro dende a súa aula. 
Na entrada do colexio poderíades atopar: plantas con nomes de personaxes de contos da biblioteca relacionados co horto,  plantas colgantes con títulos de contos coa mesma temática, unha maciñeira chea de mazás con poesías e unhas hortalizas nas que se reflexaban libros de plantas e o seu cultivo.

20 de feb. de 2014

PLANTO PLANTAS

Este novo curso estamos a traballar nun novo proxecto chamado "Planto Plantas", O horto escolar.
O horto escolar é un excelente recurso para convertir o centro educativo nun lugar que posibilite ao alumnado múltiples experiencias acerca do seu entorno natural e rural e poñer en práctica hábitos de coidado e responsabilidade medioambiental.

Para iso, no terreo onde se ubicou o horto, intentaremos crear un pequeno ecosistema no que o solo, o clima, a flora e a fauna atopen un equilibrio de forma ecolóxica.

Aquí vos deixo un libro de "Lecturas para a horta".