29 de maio de 2023

A VIVENDA NO MUNDO

 Como ides???

No segundo trimestre, dentro do proxecto "Pensamos e construímos", estivemos traballando sobre as vivendas no mundo. Así, puidemos aprender moitas cousas sobre vivendas de diferentes zonas e países: o pazo galego, a masía catalana, a haima, a casa barco, a yurta...Todas varían na forma e no tamaño, dependendo da zona, do clima, dos materiais e das técnicas de construción.

Aquí tedes parte do traballo, que podedes atopar na BiblioFlora.






Espérovos na Biblio!!!





15 de maio de 2023

CASAS

 Olaaa...

Hoxe quero ensinarvos un libro que fai  tempo que está na BiblioFlora. Trátase de Casas, de Paula Carballeira e editado por Edelvives-Tambre, na súa colección Ala Delta.

Fálanos dun montón de casas: casas con tellado, casas de tea, casas de papel, casas de palla, casas acolledoras e casas enfadadas. Tamén hai casas que quedan quietas nun sitio e as que lles gustaría coñecer mundo e casas que viaxan e que preferirían ver paisaxes distintas. Así que... hai tantas casas coma xente que vive nelas. 

Espérovos na BiblioFlora!!

 

 


12 de maio de 2023

EXPOSICIÓN DA MICRORREDE


 Que tal???

Onte, xoves, rematou a exposición"EscribirArte da Mariña"  organizada pola Microrrede da Mariña.

Na xornada do mércores, o alumnado do EEI de San Roque ofreceu unha actuación de monicreques do conto Cocorico.

 
O xoves, pola mañá tamén houbo unha actuación, no teatro Pastor Díaz, do alumnad de 2º da ESO do IES de ALfoz-Valadouro. E, pola tarde, tivo lugar a xornada de clausura, coa actuación do Cuarteto de cámara de clarinete da Escola de Música de Viveiro.
 

 
Remataron así uns días nos que as bibliotecas PLAMBE da Mariña foron protagonistas !!!

10 de maio de 2023

CARTA DE FLORA

 Olaaaaa...

Aquí tedes a carta coas actividades previstas para os meses de maio e xuño.

 Espérovos na BiblioFlora!!!

SEGUIMOS ESCRIBINDOARTE

 Que tal?????

Onte continuou a exposición "EscribirArte da Mariña", coa actuación do coro do CEP Lois Tobío.

 

Foi un éxito total!!!!

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

 Olaaaaa...

O pasado venres, o alumnado de 1º e de 2º de Educación Primaria fumos a Vilanova de Lourenzá para coñecer a Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023

Coa axuda dunha guía, fixeron un recorrido pola vila, no que coñeceron a casa na que naceu, as rúas polas que xogaba e un pouco da súa biografía. Tamén visitamos a igrexa de Santa María, onde está o sartego do Conde Santo, o Centro de Interpretación da faba e unha exposición, "O recuncho das argalladas", sobre os xogos e xoguetes de Fernández del Riego.

 


Aprenderon un montón de cousas de don Paco, como lle chamaban na vila onde naceu.


9 de maio de 2023

ESCRIBIRARTE NA MARIÑA

 Como ides, rapazada???

Onte, luns, inauguramos a exposición "EscribirArte na Mariña", contando coa presenza d@s coordinador@s das bibliotecas e con diferentes autoridades, ademais de compañeir@s dos centros de ensino e na que puidemos coñecer os traballos elaborados polo alumnado de ditos centros.


 

Nesta primeira xornada contamos con Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense que falou da súa última obra de banda deseñada "VIVEIRO 1810, AUGAS MORTAIS" e que nos presentou o seu próximo traballo. Tivemos tamén a actuación musical de "Amigos do folk", grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.



Esperámosvos!!!



.

5 de maio de 2023

LENDO

 Olaaaaa!!!!!

De novo estou aquí con un libro: Los vecinos, de Einat Tsarfati, da editorial Tramuntana.

Cóntanos a historia dun edificio que ten sete pisos moi especiais. Cada un destes pisos ten unha porta distinta da dos demais. A pequena inquilina do sétimo piso imaxina que cada porta esconde vidas incribles: unha familia de ladróns, outra de acróbatas, incluso pode haber vampiros!!! A ela parécelle que, en comparación, a súa vida parece un pouco aburrida. Realmente é así?

Espérovos na biblio con este e moitos máis libros !!!


ESCRIBIRARTE NA MARIÑA

 Ola, rapazada! Como ides?

Teño que facervos un anuncio! O próximo luns, día 8, inauguramos a exposición da Microrrede da Mariña, na que participan un montón de bibliotecas PLAMBE da nosa comarca.


 Clicando no cartel podedes acceder ao programa da exposición, que terá lugar do 8 ao 11 de maio, na Sala do Concello de Viveiro.

Esperámosvos alí!!!



LIÑA DO TEMPO DAS VIVENDAS

Aquí estou de novo para ensinarvos como quedou, ao final, a Liña do tempo das vivendas. 

Sabemos que, ao longo do tempo e dos séculos, as vivendas foron cambiando en todas as súas características: tamaño, materiais, altura, deseño, tipos... As súas peculiaridades dependen do tempo, do terreo, dos materiais de construción, a clase social, os recursos económicos, etc..

E nós estivemos traballando para coñecer a evolución das vivendas ao longo da historia e este é o resultado.








 

4 de maio de 2023

LER XUNT@S

 Como ides???

Que tal vos foi coa "Cita a cegas cun libro"? 

Espero que vos gustaran as lecturas!!!

E que ben o pasamos o día dos "apadriñamentos lectores"!!! @a nen@s de 6º, 5º, 4º e 3º fixeron de madriñas e padriños do alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil e de 1º e 2º de Primaria, e fomos ler á Praza do Concello. Foi un día moi divertido e unha oportunidade para coñecerños máis.




Deberíamos repetilo máis veces!!!