22 de nov. de 2023

25 DE NOVEMBRO

 

 Ola, olaaaa

O 25 de novembro conmemorase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación (máis información aqui).

Aquí tedes tamén algúns vídeos para entender mellor de que se fala cando se fala de violencia contra a muller.

                                                                         

 Temos tamén algúns libros na Biblioflora

                                                            
Un conto que intenta chamar a nosa atención contra a violencia familiar e de xénero. Ensínanos o que é entender mal a masculinidade, a recoñecer a desigualdade entre homes e mulleres, a ver o maltrato doméstico...                                             

                                                           

Unha tenra historia para tratar, desde a ollada dunha nena, as consecuencias da violencia de xénero.
Neko é un canciño rescatado dun contedor do lixo por Xoana que se converte no seu mellor amigo e no seu confidente. Con el fala dos seus sentimentos e vivencias de violencia. E é que Xoana, xunto coa súa nai, é vítima da violencia de xénero. A nena chega ao xulgado e, tras o encontro e conversación coa xuíza, liberarase do peso que lle supón gardar como un segredo as experiencias.                                                                     

Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito.                                                            

Dicir non e rexeitar contactos desagradables non é fácil. Á infancia segura de sí misma cústalle menos dicir o que quere e o que non quere. Por iso é importante que tod@s tomen conciencia das súas emocións e do seu corpo e contar cun entorno seguro ao que recurrir.                                                                              

Artur e Clementina son dúas tartarugas que deciden comezar unha vida xuntos e casan. Para Clementina, isto supón renunciar aos soños e á súa propia personalidade. Tras un tempo, o conflito aflora en Clementina, insatisfeita pola súa vida e máis tarde a reacción, unha aposta da protagonista por ser ela mesma . Unha fábula sobre as relacións de parella e sobre a importancia de non anular nin deixarse anular por ninguén e de apostar polo desenvolvemento persoal.    

BOAS LECTURAS!!!  

                                                                    


21 de nov. de 2023

FACENDO EXPERIEMENTOS

 Ola rapazada!!

Como estamos no Mes da ciencia en galego, andades a facer experimentos. Xa nos contaredes. 

 
Este curso, desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística,  coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas, Decana da Facultade de Matemáticas da USC, membro do Consello da Cultura Galega, presidenta do Estalmat-Galicia e Premio María Josefa Wonenburger no 2022. 
 
Se clicades na imaxe tedes exemplos de actividades.
 
                                     Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas | Novas da lingua |  CDSG-CCG | Consello da Cultura Galega
 
 
 

 

 

 

14 de nov. de 2023

DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS


Ola!
O próximo luns, día 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos dereitos das Nenas e dos Nenos.
E... por que se celebra este día?
A celebración deste día vén dende o ano 1924, cando a Liga das Nacións, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno., que establece o dereito das nenas e dos nenos a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espiritual; asistencia especial cando estean famentas/os, enfermas/os, discapacitadas/os ou quedaran orfas/os; ser as/os primeiras/os en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.
Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas aprobaron unha segunda Declaración do Dereitos do Neno. No seu artigo 25 di que a infancia "ten dereito a coidados e asistencia especiais". En 1959, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira declaración destes Dereitos, máis detallada que as anteriores. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra os dereitos das nenas e dos nenos á educación, a atención da saúde e a unha protección especial.
Preme na imaxe para coñecer os dereitos das nenas e nenos nas diferentes idades.

Dia Mundial Del Niño, Reparado, Celebrar

 E aquí tedes unha canción e un vídeo que nos axudarán a recordalos moi ben, para telos sempre presentes.
 
 


 
Ademais, na BiblioFlora temos algúns libros, coma estes.
 
Nun país non moi lonxano, vive unha simpática Carapuchiña Vermella de nariz recachada e pencada que leva zapatillas vermellas. É unha nena moi valente que, durante as súas andanzas, coñecerá a personaxes un tanto peculiares, algúns máis coñecidos que outros: Hansel e Gretel, Pinocho, Brancaneves, unha bruxa malvada, un arrepiante can negro, unha neniña morta de frío... En cada encontro, a pequena heroína reivindica os dereitos fundamentais dos nenos e nenas: a expresarse, a ser respetad@s, a ser tratad@s correctamente, a ter unha educación e a ter segredos, entre outros.
 
 
Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron o seu talento co do ilustrador Emilio Urberuaga e ofrécennos dez contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en día uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola súa protección e desenvolvemento.
 
 
Once creadores ilustran algo tan importante como os dez primeiros Dereitos do@Nen@, de 1959, base dos dereitos que recollerá a Convención dos dereitos do Nen@ de 1989. Un proxecto que busca facer un potente recordatorio visual a uns principios que tod@s deberiamos ter tatuados na memoria e na nosa educación cívica.
 
   FELICES LECTURAS!!!!!
 
 


 

.
 
 
 
 
 

CHEGOU O DÍA

 Ola, parazas e rapaces!!!!

Por fin temos a BiblioFlora inaugurada!

Onte, as nenas e os nenos de 2º de Primaria ofrecéronnos un conto sobre a biblioteca no Kamishibai. Contáronnos que a biblioteca é unha casa na que caben un montón de personaxes, de persoas, de familia, de nenas, de nenos... En definitiva, unha casa na que cabemos tod@s.

Tamén se presentaron @s voluntari@s deste curso e, durante esta semana, van ensinar como é a nova distribución da biblioteca, para que tod@s poidamos movernos nela con autonomía. De todas as maneiras, témolos a el@s para que nos axuden: Rubén, Julia, Carla, Leticia, Dariela R., Paula R., Andrés, Ainara, Noa, Óscar B., Blanca e Daniela C..