Ola!
O próximo luns, día 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos dereitos das Nenas e dos Nenos.
E... por que se celebra este día?
A celebración deste día vén dende o ano 1924, cando a Liga das Nacións,
aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno., que
establece o dereito das nenas e dos nenos a dispor de medios para o seu
desenvolvemento material, moral e espiritual; asistencia especial cando
estean famentas/os, enfermas/os, discapacitadas/os ou quedaran orfas/os;
ser as/os primeiras/os en recibir socorro cando se atopan en
dificultades; liberdade contra a explotación económica e unha crianza
que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.
Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas aprobaron unha segunda
Declaración do Dereitos do Neno. No seu artigo 25 di que a infancia
"ten dereito a coidados e asistencia especiais". En 1959, a Asemblea
Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira declaración destes
Dereitos, máis detallada que as anteriores. Recoñece dereitos como a
liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha
nacionalidade. Tamén consagra os dereitos das nenas e dos nenos á
educación, a atención da saúde e a unha protección especial.
Preme na imaxe para coñecer os dereitos das nenas e nenos nas diferentes idades.
E aquí tedes unha canción e un vídeo que nos axudarán a recordalos moi ben, para telos sempre presentes.
Ademais, na BiblioFlora temos algúns libros, coma estes.
Nun país non moi lonxano, vive unha simpática Carapuchiña Vermella de nariz
recachada e pencada que leva zapatillas vermellas. É unha nena moi valente
que, durante as súas andanzas, coñecerá a personaxes un tanto peculiares,
algúns máis coñecidos que outros: Hansel e Gretel, Pinocho, Brancaneves,
unha bruxa malvada, un arrepiante can negro, unha neniña morta de
frío... En cada encontro, a pequena heroína reivindica os dereitos
fundamentais dos nenos e nenas: a expresarse, a ser respetad@s, a ser
tratad@s correctamente, a ter unha educación e a ter segredos, entre
outros.
Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron
o seu talento co do ilustrador Emilio Urberuaga e ofrécennos dez contos
que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de
lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de
hoxe en día uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola
súa protección e desenvolvemento.
Once creadores ilustran algo tan importante como os dez primeiros Dereitos do@Nen@, de 1959, base dos dereitos que recollerá a Convención dos
dereitos do Nen@ de 1989. Un proxecto que busca facer un potente
recordatorio visual a uns principios que tod@s deberiamos ter
tatuados na memoria e na nosa educación cívica.
FELICES LECTURAS!!!!!
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario