31 de maio de 2013

LIBERNAUTAS

Pouco a pouco estamos a converternos en expertos libernautas! Co gallo da celebración do día do libro comezamos unha actividade que convertiría aos alumn@s en libernautas navegando polo universo dos libros. Cada un/unha vai cubrindo o seu carnet de libernauta ata conseguir o selo que os/as acredite como auténticos libernatuas. E pouco a pouco vanse achegando á biblioteca coa súa tarxeta e nas aulas ben lemos os libros ou ben comentamos as experiencias da viaxe polo liberespazo.