25 de xan. de 2013

CONMEMORACIÓN



Fina Casalderrey, académica da RAG. 

    

"A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. 
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!"

Así aparece a noticia no blogue da Rede Lectura da Asesoría de Bibliotecas Escolares


 Dende a biblioteca do colexio de Xove queremos mandarlle os nosos parabéns. 

  Con motivo das moitas mensaxes de felicitación pola súa entrada na RAG, Fina Casalderrey enviou esta mensaxe de agradecemento:

"En momentos coma este é cando máis sinto ser tan... tan ?analóxica? e tan pouco ?dixital?, para ser quen de lles facer chegar o meu agradecemento a toda esa xente das bibliotecas escolares. Son as felicitacións que mellor me saben, as que me chegan directamente á pel da alma para me emocionar sen disimulos... Ben sei que non merezo eses aloumiños, pero esa chamada de atención festiva para ?espallar a nova? fai me sentir forzas para non defraudarvos, para tentar a seguir sendo útil dende onde me toque estar. Son, non podo esquecelo mestra de escola, unha mestra que escribe ( coma outras moitas e moitos) que grazas a moreas de bibliotecarios e bibliotecarias, de mestras e mestres, de libreiros, libreiras... que poñen os meus libros nas mans dos escolares, me chaman ?escritora?, algo co que nin soñei de nena...
Estou un chisquiño cansa estes días... pero tan reconfortada e agradecida!
Só podo enviarvos apertas infinitas
Fina"



COMO COMO

  Despois de planificar o proxecto e da búsqueda de información, recursos e bibliografía, por fin poñemos en marcha este segundo trimestre o noso proxecto anual "Como como", no que todo o cole traballará a hábitos de alimentación, os hábitos saudables de hixiene, a actividade física e vida saudable, recetarios, menús...
 Ademais teremos charlas sobre a alimentación ecolóxica e nutrición.

  PROXECTO DE ALIMENTACIÓN by   nazarethgarcia



11 de xan. de 2013

DÍA DA PAZ

 O vindeiro día 30 de Xaneiro celébrase o día escolar pola Paz e a Non Violencia. Como vimos facendo con todas as conmemoracións dende que empezou este curso, queremos relacionalo co noso proxecto anual "Como como". Con tal motivo enlazámolo cun dos dereitos fundamentais dos nenos, o dereito á alimentación. Así, para o noso Día da Paz traballaremos "A comida no mundo" .
 Para preparar e elaborar este proxecto, Flora xa andivo rebuscando polos andeis libros e outros recursos relacionados coa Paz, os valores, a alimentación no mundo...que xa están á vosa disposición na biblioteca. Atrevédevos a probar os diferentes sabores do mundo!

  Imos deixar aquí tamén algúns links con información e recursos sobre o tema da paz:

-
Grazas aos compañeiros de orientación Andújar por esta selección de materiais e recursos


Este foi en imaxes o noso Día da Paz:




Ademáis aquí podedes ver como quedou no noso mapa do mundo o que os nen@s foron expoñendo sobre as comidas dos países que elexiron para este día: