30 de nov. de 2012

ACHÉGASE O NADAL


  O Nadal está chegando. Xa o sentimos no ambiente, xa o vemos polas rúas. Logo colocaremos a nosa árbore de Nadal na casa, os calcetíns na chimenea...Pouco a pouco nos estamos preparando para estas datas máxicas. Dende o seu recanto na biblioteca, Flora quere amosarvos algúns recursos e propostas sobre Nadal para facer nas aulas ou na vosa casa.










- PÁXINAS WEB INTERESANTES CON RECURSOS:

    - O APALPADOR:   https://sites.google.com/site/recursosapalpador/

   - NADAL EN GALICIA:  http://www.galiciadigital.com/images/especiales/especiales/nadal/contos_nadal.html


- LECTURAS SOBRE O NADAL:

Flora invítavos a ver xa no seu expositor temático os libros de Nadal que podedes ler na biblioteca ao longo deste mes de decembro. Entre eles recoméndavos:








- GUÍA PARA O NADAL.

Flora propónvos seguir disfrutando coa lectura nestas vacacións de Nadal e para iso elaborou unha pequena guía con recomendacións que vos servirán de axuda para atopar o que vos gustaría ler.
Ademáis, desexa que toda a comunidade educativa  pase un Bo Nadal e teña unha feliz entrada no Aninovo. 

GUÍA NADAL 2012

23 de nov. de 2012

REMATADO O SAMAÍN

Rematado o Samaín, Flora xa se prepara para o Nadal. Pero mentres tanto quere amosarvos as diferentes actividades que fustes facendo ao longo do Samaín: a carreira do medo, os vosos monstros, os marcapáxinas monstruosos, postais....


Esta é unha pequena mostra dos traballos dos nenos no tempo de celebración do Samaín:

5 de nov. de 2012

FLORA NO SAMAÍN






 Estamos en tempo de bruxas, cabazas, monstros e morcegos. O medo é o protagonista da biblioteca. Este curso Flora proponvos rebuscar no cadaleito e atopar o libro máis terrorífico para ler no tempo de lecer. Ademais xa está preparada a II carreira do medo. Lede as pistas e adiviñade de que libro se trata para completar o taboleiro do castelo (infantil) e da cabaza (primaria).
  Tamén atoparedes ao longo desta semana unha exposición dos vosos traballos de plástica na entrada do colexio.
 Ademais coma todos os anos as profes de inglés propóñenvos traer as vosas cabazas personalizadas para a mesma exposición. Cal será a cabaza máis terrorífica? Animádevos  e facede as vosas propias creacións.