lunes, 5 de noviembre de 2012

FLORA NO SAMAÍN






 Estamos en tempo de bruxas, cabazas, monstros e morcegos. O medo é o protagonista da biblioteca. Este curso Flora proponvos rebuscar no cadaleito e atopar o libro máis terrorífico para ler no tempo de lecer. Ademais xa está preparada a II carreira do medo. Lede as pistas e adiviñade de que libro se trata para completar o taboleiro do castelo (infantil) e da cabaza (primaria).
  Tamén atoparedes ao longo desta semana unha exposición dos vosos traballos de plástica na entrada do colexio.
 Ademais coma todos os anos as profes de inglés propóñenvos traer as vosas cabazas personalizadas para a mesma exposición. Cal será a cabaza máis terrorífica? Animádevos  e facede as vosas propias creacións.


   

No hay comentarios:

Publicar un comentario